Como lles podemos proporcionar apoio psicolóxico ás persoas refuxiadas
1,512,195 views |
Essam Daod |
TED2018
• April 2018
A crise migratoria mundial supón unha catástrofe en termos de saúde mental que está a deixar a milleiros de persoas sen o apoio psicolóxico que precisan para superaren os traumas que lles ocasionan os desprazamentos e os conflitos. A fin de emendar ese dano, o psiquiatra infantil e membro de TED Essam Daod vén traballando nos campos, nos barcos de rescate e nas costas de Grecia e do mar Mediterráneo para axudar os refuxiados (un cuarto dos cales son cativos) a redefinir as súas experiencias por medio de intervencións psicolóxicas curtas que deixan unha fonda pegada. "Todos podemos facer algo para evitar esta catástrofe de saúde mental.", afirma Daod. "Temos que aceptar que non só o corpo precisa de primeiros auxilios, senón tamén a mente, a alma".