Un novo tipo de fármaco que podería previr a depresión e o trastorno por estrés postraumático
2,449,706 views |
Rebecca Brachman |
TED2017
• April 2017
Os tratamentos actuais para a depresión e mais o trastorno por estrés postraumático (TEPT) só suprimen os síntomas, se é que funcionan. Que pasaría se puidésemos previr que estas enfermidades aparecesen? Rebecca Brachman, neurocientífica e membro de TED, comparte a historia do descubrimento accidental do seu equipo, que podería previr os efectos negativos do estrés e así estimular a capacidade dunha persoa para se recuperar. Aprende como estes potenciadores da resiliencia poderían cambiar o xeito en que se tratan as enfermidades mentais.