Como a medicina ARNm cambiará o mundo
2,339,729 views |
Melissa J. Moore |
TED2022
• April 2022
O segredo da medicina que emprega o ARN mensaxeiro (ou ARNm) é que lle "ensina" ao noso corpo a loitar contra enfermidades por si mesmo, o que leva a tratamentos revolucionarios contra a COVID-19 e, quizais algún día, contra o cancro, a gripe e outras enfermidades que afectaron a humanidade durante milenios. A investigadora en ARNm Melissa J. Moore, directora científica de Moderna e unha das moitas persoas responsables da rápida creación e entrega da súa vacina contra a COVID-19, lévanos ata o nivel molecular, descifrando como o ARNm axuda as proteínas dos nosos corpos a manterse sas, previr enfermidades e corrixir erros no noso código xenético. "Estamos entrando nunha era da medicina totalmente nova", di Moore.