Como a bioloxía sintética pode mellorar a saúde, a alimentación e os materiais
1,308,630 views |
Emily Leproust |
TED@BCG
• October 2020
E se puidésemos usar a bioloxía para restaurar o equilibrio coa natureza sen renunciar ás comodidades modernas? Avogando por un novo tipo de ecoloxismo, a científica e empresaria Emily Leproust reconsidera a sustentabilidade moderna a nivel molecular, usando a bioloxía sintética para crear alternativas verdes. Dende a insulina feita en laboratorio e as bananas resistentes a enfermidades pasando polos avións feitos de tea de araña extraforte, explica como ler e escribir ADN pode levar a innovacións revolucionarias en saúde, alimentación e materiais.