Como perder o medo fronte ó autoritarismo.
1,715,025 views |
Sviatlana Tsikhanouskaya |
TEDWomen 2020
• November 2020
Como plantarlle cara ó autoritarismo? E que quere dicir perder o medo? Nesta poderosa charla, Sviatlana Tsikhanouskaya, ama de casa convertida en política, describe a súa improbábel campaña electoral para vencer ó duradeiro e despótico líder de Belarús nas eleccións á presidencia de 2020. Debuxando un vívido retrato de como pequenos actos de resistencia floreceron en manifestacións masivas e pacíficas, Sviatlana Tsikhanouskaya comparte con nós unha fermosa reflexión sobre os lazos entre a valentía e a liberdade, lembrándonos que todos nós temos o que fai falla para erguernos e plantarlle cara á inxustiza; só temos que facelo xuntos.