Como modela a lingua a nosa forma de pensar
22,162,676 views |
Lera Boroditsky |
TEDWomen 2017
• November 2017
Existen cerca de 7000 linguas faladas no mundo e todas elas teñen diferentes sons, vocabularios e estruturas. Pero, poden modelar a nosa forma de pensar? A científica congnitiva, Lera Boroditsky, comparte algúns exemplos, desde unha comunidade aborixe en Australia que emprega puntos cardinais en vez de dereita e esquerda, ata as múltiples palabras que existen para chamarlle ao azul en ruso, que suxiren que a resposta é un rotundo si. Segundo Boroditsky, o bo da diversidade lingüística é que nos revela o enxeñosa e flexible que é a mente humana, "A mente humana inventou non un, senón 7000 universos cognitivos".