Eric Berlow e Sean Gourley

Representación de ideas de que vale a pena difundir.

1,076,785 views • 7:55
Subtitles in 32 languages
Up next
Details
Discussion
Details About the talk
Transcript 32 languages
Translated by Laura Rodríguez
Reviewed by Alicia Ferreiro
0:11

Eric Berlow: eu son ecoloxista, Sean é físico, e os dous estudamos mecanismos complexos. Coñecímonos fai dous anos cando descubrimos que nos deran unha pequena conferencia en TED sobre a ecoloxía da guerra, e decatámonos de que estabamos unidos polas ideas que compartiamos mesmo antes de coñecermos. Entón pensamos, xa sabedes, hai milleiros de charlas por aí fóra, especialmente charlas de TEDx, que están a aflorar arredor do mundo. Como están conectadas, e como pinta esta conversa global? Sean vai falaros un pouquiño sobre como o fixemos.

0:38

Sean Gourley: Exactamente. Nós collimos 24.000 conferencias de TEDx de todo o mundo, 147 países distintos, e escollemos estas charlas porque queriamos atopar as estruturas matemáticas que esconden as ideas tras delas. E o queriamos facer para poder ver como conectan as unhas coas outras.

0:54

Por suposto, se ti vas facer algo coma isto, precisas unha chea de datos. A información que ti tes é unha cousa xenial chamada YouTube, a onde nos podemos conectar e basicamente sacar toda a información aberta, todos os comentarios, todas as visitas, quen o está a ver, onde o están a ver, que están a dicir nos comentarios... Pero tamén podemos entender, usando a tradución discurso-texto, podemos obter a transcrición enteira, e isto funciona incluso para xente con acentos graciosos coma o meu. Polo tanto, podemos coller a transcrición e facer cousas bastante molonas. Podemos coller a linguaxe natural procesando algoritmos para facer algo como ler cun ordenador, liña por liña, sacando conceptos clave de eles. Despois collemos eses conceptos clave e fan algo como a estrutura matemática dunha idea. A isto chamámoslle o meme-ome. O meme-ome, xa sabedes, sinxelamente, son as matemáticas que subxacen nunha idea, e podemos facer análisis moi interesantes con isto que quero compartir con vós agora.

1:46

Polo tanto, cada idea ten o seu propio meme-ome, e cada idea é única niso, pero por suposto, as ideas empréstanse cousas unhas ás outras, ás veces case as rouban, e certamente, constrúense unhas sobre outras. Podemos seguir matematicamente e sacar o meme-ome dunha charla e comparalo có meme-ome de todas as outras charlas e, se hai semellanzas entre dous deles, podemos crear un vínculo e representalo cun gráfico, xusto coma Eric e eu estamos conectados.

2:09

Esta é a teoría, xenial. Imos ver como funciona na práctica. O que temos agora é a pegada global de todas as charlas de TEDx dos últimos catro anos que están a explotar ao redor do mundo, dende Nova York ata a pequena e vella Nova Zelanda alá na esquina. O que fixemos con isto foi analizar o 25 por cento, e comezamos a ver onde se daban as conexións, onde conectaban unhas con outras. Cameron Russell falando sobre imaxe e beleza conectou toda Europa. Temos unha conversa máis longa sobre Israel e Palestina irradiando cara afora dende Oriente Medio. Temos tamén algo máis xeral como unha fonte de datos cunha pegada global de verdade que alude a unha conversa que se dá por todas partes.

2:46

Dende aquí, nós coma que corremos contra os límites do que actualmente podemos facer cunha proxección xeográfica, pero afortunadamente, a tecnoloxía dos ordenadores permítennos saír ó espazo multimensional. Así que podemos coller o noso sistema de proxección, aplicarlle un mecanismo físico, e as charlas similares farán algo como pegarse unhas a outras, as que sexan diferentes separaranse, e o resultado é algo bastante bonito.

3:04

EB: Eu só quero destacar que cada nóduo é unha charla. Están conectadas entre elas se comparten ideas semellantes e isto vén dado por una lectura mecanizada das transcricións completas das charlas e, entón, todos os temas que saen á luz non veñen de etiquetas ou palabras clave. Veñen da rede de ideas conectadas. Segue.

3:22

SG: Totalmente. Pode que apure un pouco niso pero el vai frearme. Temos a educación conectada á narración, triangulada de seguido cós medios sociais. Ti tes, por suposto, o cerebro préto da asistencia médica, o que debes supor, pero tamén tés videoxogos, que é algo así como adxacente, xa que estes dous espazos interactúan o un có outro.

3:38

Pero quero que formedes parte de algo que é especialmente importante para min: o medio ambiente. Quero acercame a iso e ver se podemos conseguir un pouco máis de resolución. En canto nos adentramos aquí, o que comezamos a ver, aplicade o mecanismo da física outra vez, vemos que unha conversa está formada realmente por moitas conversas máis pequenas. A estrutura comeza a saír onde vemos algo parecido a un comportamento fraccional das palabras e da linguaxe que usamos para describir as cousas que son importantes para nós por todo o mundo. Así que temos a economía alimentaria e a comida local na cima, e tamén gases de efecto invernadoiro, e desperdicios solares e nucleares. O que estás a conseguir é unha gama de consversas máis pequenas, cada unha conectada coa outra a través de ideas e da linguaxe que comparten, creando un concepto máis amplo do medio ambiente. Por suposto, dende aquí podemos fixarnos máis e ver, bueno, ¿en que se está a fixar a xente nova? Estanse a fixar na enerxía, na tecnoloxía e na fusión nuclear. Isto é como a repercusión da conversa sobre o medio ambiente. Se rompemos coas liñas de xénero, podemos ver mulleres que pisan forte no campo da economía alimentaria, pero tamén aí fóra en esperanza e optimismo.

4:36

Hai moitas cousas interesantes que podemos facer aquí, e pasareille a testemuña a Eric para a seguinte parte.

4:40

EB: Si, quero dicir, só para remarcar, non podes obter este tipo de perspectiva dende unha soa busca en YouTube. Imos agora volver atrás e fixarnos no total da conversa global sobre o medio ambiente, e ver todas as charlas xuntas. A miúdo, cando nos enfrontamos a tal cantidade de contido, facemos un par de cousas para facelo máis sinxelo. Debemos dicir, bueno, ¿cales son as charlas máis coñecidas por aí? E unhas poucas suben á superficie. Hai unha charla sobre aprecio. Hai outra sobre saúde e nutrición. E por suposto, ten que haber outra sobre porno, ¿verdade? E despois debemos dicir, bueno, aprecio, isto foi o ano pasado. ¿Que se leva agora? ¿Cal é a charla máis popular agora? E vemos que o novo, emerxente tema de moda é sobre privacidade dixital.

5:24

Isto é xenial. Isto simplicfica as cousas, Pero hai demasiado contido creativo que simplemente foi soterrado. Eu odio iso. ¿Como facemos que saia á superficie algo que pode ser realmente creativo e interesante? Bueno, podemos volver á rede de estrutura das ideas para iso. Recorda, esta é a rede que crea os temas emerxentes. Digamos que podemos coller dous deles, como cidades e xenética, e dicir ben, ¿hai aquí algunha charla que una creativamente estas dúas disciplinas tan diferentes? E isto é — esencialmente, este tipo de remix creativo é un selo distintivo da innovación. Mirade, aquí temos un de Jessica Green sobre a ecoloxía microbiana dos edificios. Está literalmente definindo un novo campo de traballo. E nós poderiamos volver a eses tópicos e dicir, vale, que charlas son primordiais para esas conversas? No conxunto de charlas sobre cidades, unha das primordiais era unha de Mitch Joachim sobre cidades ecolóxicas, e das charlas sobre xenética, temos unha sobre bioloxía sintética de Craig Venter. Estas son charlas que están a unir outras moitas charlas da súa disciplina. Podemos ir noutra dirección e dicir está ben, son charlas que sintetizan ampliamente unha morea de campos distintos. Usamos a medida de diversidade ecolóxica para conseguilo. Como por exemplo, unha charla de Steven Pinker sobre a historia da violencia, moi sintético.

6:32

E logo, por suposto, hai charlas que son tan únicas que están como na estratosfera, no seu propio sitio especial, e a iso chamámoslle a lista Colleen Flanagan. Se non coñecedes a Colleen, é unha artista, e un día pregunteille, "¿como é todo ahí fóra na estratosfera da nosa idea de espazo?" E aparentemente cheira a panceta. Eu non o sabería. Polo tanto, estamos a usar a idea central da rede para atopar charlas que sexan únicas, unhas que sintetizan de forma creativa unha morea de campos distintos, outras que se centran no seu tema, e outras que abranguen campos disparatados. ¿Vale? Xamáis os atopariamos de non ser pola nosa obsesión co que está de moda agora. E todo isto vén dado pola arquitectura da complexidade, ou polos patróns que conectan as cousas.

7:13

SG: Isto é totalmente certo. Metémonos nun mundo excesivamente complexo, e estivemos a usar algo como algoritmos para filtralo dalgunha maneira e así poder navegar nel. Estes algoritmos, aínda que útiles, tamén son moi limitados, e podemos facelo mellor porque podemos decatarmos de que a súa complexidade non é casual. Ten unha estrutura matemática, e podemos usar esta estrutura para explorar cousas como o mundo das ideas para ver o que se está a dicir, o que non; para ser un pouquiño máis humanos e, con sorte, un pouquiño máis listos.

7:44

Grazas.

7:45

(Aplausos)

¿Como son 24.000 ideas xuntas? O ecoloxista Eric Berlow e o físico Sean Gourley aplican algoritmos ó arquivo enteiro de charlas de TEDx, e lévannos a unha estimulante viaxe visual para ensinarnos como as ideas se conectan globalmente.

About the speakers
Sean Gourley · Physicist and military theorist

Sean Gourley, trained as a physicist, has turned his scientific mind to analyzing data about a messier topic: modern war and conflict. He is a TED Fellow.

Sean Gourley, trained as a physicist, has turned his scientific mind to analyzing data about a messier topic: modern war and conflict. He is a TED Fellow.

Eric Berlow · Ecologist

TED Senior Fellow Eric Berlow studies ecology and networks, exposing the interconnectedness of our ecosystems with climate change, government, corporations and more.

TED Senior Fellow Eric Berlow studies ecology and networks, exposing the interconnectedness of our ecosystems with climate change, government, corporations and more.