Un novo método de controlar os sinais vitais (que pode ver a través das paredes).
1,647,062 views |
Dina Katabi |
TED2018
• April 2018
No MIT, Dina Katabi e o seu equipo traballan nun novidoso e audaz modo de controlar os sinais vitais dos pacientes nun hospital (ou incluso na casa) sen avultados e ruidosos aparellos ou poñíbeis. E ademais: pode ver a través das paredes. Nunha charla e unha demostración demoledoras, Katabi amosa un sistema que captura as reflexións dos sinais sen fíos mentres rebota na xente, creando un rexistro fiábel das constantes para os traballadores sanitarios e os pacientes. Nunha breve rolda de preguntas coa moderadora TED Helen Walters, Katabi explica as salvagardas postas en marcha para evitar que esta tecnoloxía sexa usada para controlar a alguén sen o seu consentimento.