Podes enganar á Morte resolvendo o seguinte enigma? - Shravan S K
5,228,373 views |
Shravan S K |
TED-Ed
• June 2021
Ti e mailo teu mellor amigo Bill sodes os máis grandes poetas do reino, aínda que se cadra non os máis brillantes. A vosa canción de éxito ofendeu ao Rei e agora estades agardando a vosa execución. Por sorte, a Morte é unha coñecedora da boa música e decidiu darvos unha oportunidade de escapar do voso destino. Poderías derrotala xogando a Serpes e Escaleiras e vivir para cantar outro día máis? Shravan S K demostra como é posible. [Dirixido por Igor Coric, Artrake Studio, narrado por Addison Anderson, con música de Cem Misirlioglu].