Os desafíos invisibles da tartamudez
76,454 views |
Ruban Pillai |
TEDxFolkestone
• June 2021
O obxectivo desta charla é axudar a todo o mundo a entender o complicado que pode ser a tartamudez, tanto psicolóxica como emocionalmente, xa que a miúdo son aspectos aos que non se lles dá importancia cando se fala deste trastorno. O que non ve a xente é que o medo a tatexar pode ditar practicamente todas as decisión que toma unha persoa.
A tartamudez é un trastorno neurolóxico da fala que afecta ao 1 % da poboación mundial.
A autoestima, a confianza e a saúde mental dunha persoa con tartamudez deterióranse lentamente ao cabo de anos de experiencias negativas e toda a súa vida vén determinada polo medo a tatexar en público. A sociedade segue a ver a tartamudez como unha peculiaridade cómica, pero é un trastorno grave que empuxou a moitos a quitárense a vida.
Esta charla non ten o típico final feliz, pero conta con algo máis importante: faise un chamamento ao que todos debemos atender. É preciso deixarmos de ver a tartamudez como unha cousa que fai falta arranxar e comezarmos, en troques, a axudar as persoas que tatexan a sentírense seguras abondo como para expresarse independentemente de como soen. Entón comezará a verdadeira transformación.