Como facilita a intelixencia artificial o diagnóstico de enfermidades
1,711,203 views |
Pratik Shah |
TEDGlobal 2017
• August 2017
Hoxe en día os algoritmos de intelixencia artificial (IA) necesitan decenas de miles de custosas imaxes médicas para detectar unha doenza nun paciente. E se puidésemos reducir de forma drástica a cantidade de datos requiridos para adestrar un sistema de IA, facendo así posibles diagnósticos de baixo custo e máis eficientes? Pratik Shah, membro TED, está a traballar nun enxeñoso sistema para facer exactamente iso. Cun enfoque de IA pouco convencional, Shah creou unha tecnoloxía que só necesita 50 imaxes para desenvolver un algoritmo que funcione --mesmo con fotografías tomadas polo propio médico co seu móbil-- para obter un diagnóstico. Descubre máis sobre como esta nova maneira de analizar a información médica podería facer posible a detección máis temperá de enfermidades potencialmente mortais e estender o diagnóstico asistido por IA a moitos lugares do mundo.