Todos os nenos poden desenvolverse antes de facer cinco anos
11,666,797 views |
Molly Wright |
TED and Minderoo Foundation
• July 2021
"E se vos dixese que o xogo do cucutrás pode cambiar o mundo?" pregunta Molly Wright, unha nena de sete anos e unha das conferenciantes máis novas de TED. Descompoñendo as maneiras nas que, segundo a investigación, pais e coidadores poden axudar ao desenvolvemento saudable do cerebro dos nenos, Wright destaca os beneficios do xogo para a aprendizaxe , o comportamento e o benestar durante toda a vida, e comparte estratexias eficaces para axudar a todos os nenos a prosperar aos cinco anos. A ela únense no escenario Ari, un neno dun ano e o seu pai Amarjot, que lle axudan a ilustrar as súas grandes ideas sobre a ciencia do cerebro. (Esta charla TED foi producida en colaboración coa Fundación Minderoo como unha ferramenta educativa para os pais e coidadores de todo o mundo e está apoiada por UNICEF).