A ponte entre o suicidio e a vida
6,883,591 views |
Kevin Briggs |
TED2014
• March 2014
Durante moitos anos o sarxento Kevin Briggs tivo un escuro, insólito e ás veces estrañamente gratificante traballo: patrullaba o extremo sur da ponte Golden Gate de San Francisco, un sitio coñecido polos intentos de suicidio. Nunha charla solemne e profundamente persoal, Briggs comparte historias de xente coa que falou --e á que escoitou-- mentres estaban nas estremas da súa vida. Dános un poderoso consello a aqueles de nós que teñamos seres queridos que poidan estar pensando no suicidio.