Do Que O Meu Peor Inimigo Me Ensinou Sobre A Gratitude
509,867 views |
Jim Enderle |
TEDxBismarck
• August 2021
Mentres estaba destinado no corpo médico do hospital da Mariña Estadounidense en Iraq, un militante de Al-Qaeda que detiveramos revelou que conseguira, dalgún xeito, un sobre co enderezo da miña familia. Aproveitando o caos dun ataque de morteiros e foguetes, entrei no seu refuxio para enfrontarme a el, mais atopeino xa nos últimos intres da súa vida. Un xunto ao outro, preto abondo para compartirmos respiración, permanecemos quedos, co xesto suavizado antes de que morrese. Máis tarde, díxenlle ao meu intérprete que me gustaría saber máis do militante, e conseguiume as cartas traducidas que este recibira de (e as que escribira para) os seus seres queridos. Logo dunha complicada volta a casa que desembocou na separación da miña familia e noutros problemas, comecei a ler as cartas nun empeño desesperado por lle devolver a orde á miña vida. Se me ofrecen o camiño cara a unha vida mellor e a reconciliación fose algo seguro, prestaría atención se a oferta viñese do meu peor inimigo?