O próximo avance de CRISPR é maior do que cres
1,455,513 views |
Jennifer Doudna |
TED2023
• April 2023
Seguramente xa escoitaches falar de CRISPR, a revolucionaria tecnoloxía que nos permite editar o ADN dos seres vivos. A bioquímica e gañadora do Audacious Project 2023, Jennifer Doudna, recibiu o Premio Nobel polo seu pioneiro traballo neste campo, e agora está aquí para falarnos do seu próximo avance revolucionario. Doudna explica como o seu equipo do Instituto de Xenómica Innovadora está a descubrir un novo campo científico: a edición de precisión do microbioma, que emprega CRISPR nun intento de solucionar problemas aparentemente insuperables, como a asma, o alzhéimer ou o cambio climático. (Esta ambiciosa idea é parte do Audicious Project, unha iniciativa de TED para inspirar e financiar cambios globais).