Que pasaría se os custos sanitarios nos EUA fosen transparentes?
2,100,594 views |
Jeanne Pinder |
TED Residency
• December 2018
Nos EUA a mesma análise de sangue pode custar 19 dólares nunha clínica e 522 noutra clínica próxima, e ninguén sabe desta diferenza até que semanas máis tarde recibe a factura. A xornalista Jeanne Pinder di que isto non debería ser así. Construíu unha plataforma que compara os verdadeiros custos dos procedementos médicos e fai pública esta información, amosando os segredos dos prezos dos servizos sanitarios. Saber canto custan con antelación as cousas pode facernos estar máis sans, aforrar diñeiro e, á vez, axudar a reconstruír un sistema roto.