Recoñecer o TDAH en adultos
968,065 views |
Heather Brannon |
TEDxHeritageGreen
• April 2021
Moita xente séntese mal consigo mesma e non ten nin idea do por que. Simplemente non lles interesa abrir o correo ou recoller a roupa do chan. Séntense avergoñados porque cren os seus achegados, que din que son uns lacazáns, que teñen un grave defecto de carácter ou, no mellor dos casos, que son excéntricos. Non se dan conta de que o TDAH en adultos non se asemella ao TDAH en nenos e permaneceren sen diagnosticar fainos sentirse ansiosos, abafados e impotentes.
A poñente, Heather Brannon, Doutora en Medicina (MD), baséase en 14 anos de experiencia tratando adultos con TDAH. É unha médica de familia que leva exercendo arredor de 30 anos e caeu na conta de que moitos pacientes que se sentían abafados, ansiosos, facilmente frustrados e cansados realmente tiñan TDAH. Diagnosticalo correctamente e tratalo supoñía un cambio a mellor na calidade de vida destes pacientes, polo que, en 2014, decidiu dedicar por enteiro a súa práctica clínica aos adolescente e adultos con TDAH.
----
O debut desta presentación deuse durante TEDxHeritageGreen 2021: TRUTH, que se celebrou en tres sesións virtuais breves os días 23, 25 e 27 de abril. Visita https://www.tedxheritagegreen.com para obter máis información. Foi un evento TEDx que utilizou o formato das conferencias TED, pero organizado de forma independente por unha comunidade local. Máis información en https://www.ted.com/tedx.