As voces da miña cabeza
5,874,222 views |
Eleanor Longden |
TED2013
• February 2013
Para todos os efectos, Eleanor Longden era coma calquera estudante. Ía rumbo á universidade chea de enerxía e sen preocupacións. Iso foi até que as voces da súa cabeza comezaron a falar. Estas narradoras, nun principio inofensivas, volvéronse cada vez máis antagónicas e ditatoriais e converteron a súa vida nun pesadelo. Diagnosticada con esquizofrenia, hospitalizada e drogada, Longden acabou rexeitada por un sistema que non sabía como axudala. Nesta charla, cóntanos a conmovedora historia da súa viaxe de anos para recuperar a saúde mental e argumenta que foi grazas a escoitar as súas voces que logrou sobrevivir.