Como estudamos os microbios que viven no noso intestino
1,544,750 views |
Dan Knights |
TEDMED 2017
• November 2017
Hai por volta de cen billóns de microbios vivindo no interior do teu intestino, protexéndote de infeccións, axudando na dixestión e regulando o teu sistema inmune. Con todo, a medida que os nosos corpos se adaptaron á vida na sociedade moderna, comezamos a perder algúns dos nosos microbios normais; ao mesmo tempo, as enfermidades ligadas á perda de diversidade no intestino están a dispararse nos países desenvolvidos. O microbiólogo computacional Dan Knights comparte algúns descubrimentos interesantes sobre as diferenzas entre os microbiomas das persoas dos países en desenvolvemento en comparación cos Estados Unidos e como poden afectar a nosa saúde. Obtén máis información sobre o mundo dos microbios que viven dentro de ti e o traballo que se está a realizar para crear ferramentas para restauralos e repoñelos.