O rol clave dos bibliotecarios na crise de opioides
1,318,439 views | Chera Kowalski • TEDMED 2017
As bibliotecas públicas sempre foron máis que libros e a súa misión como apoio á comunidade adquire unha nova urxencia durante a actual epidemia de opioides. Despois de ser testemuña de sobredoses na súa biblioteca en Filadelfia, Chera Kowalski aprendeu a administrar naloxona, un medicamento que reverte os efectos dos narcóticos, e que utiliza para salvar vidas. Nesta charla persoal comparte a realidade da vida diaria na fronte de batalla da crise de opioides e ínstanos a cada un de nós a procurar novas formas de manter as nosas comunidades sas e seguras.