O invento dunha científica adolescente que axuda a curar feridas
1,597,892 views |
Anushka Naiknaware |
TEDWomen 2017
• November 2017
Anushka Naiknaware deseñou, traballando no seu garaxe, un sensor que monitoriza o proceso de curación das feridas, e converteuse --con 13 anos-- na gañadora máis nova da Feira da Ciencia de Google. A súa enxeñosa invención enfócase no problema global das feridas crónicas, as que non cicatrizan axeitadamente por mor de enfermidades preexistentes, como a diabetes, e que provocan un gasto sanitario de millóns de dólares no mundo. Naiknaware expón cómo funcionan as súas "vendaxes intelixentes" e comparte a súa experiencia para animar a outras persoas a contribuír ao cambio.