Os esteroides poden salvarche a vida?
384,486 views |
Anees Bahji |
TED-Ed
• June 2020
Os esteroides teñen mala fama polo seu uso nos deportes. Pero tamén os atopamos en inhaladores, en cremas para tratar a hedra velenosa ou o eccema e en inxeccións para aliviar a inflamación. Os esteroides destas menciñas non son os mesmos que os que se empregan para aumentar masa muscular. De feito, todos están baseados noutro esteroide que o noso corpo produce de forma natural, e que resulta imprescindíbel para vivir. Anees Bahji explora a ciencia dos corticosteroides.
[Dirección de Nick Hilditch, narración de Addison Anderson, música de Audionetwork].