Return to the talk Return to talk

Transcript

Select language

Translated by Adrián Levices Casal
Reviewed by Andres Corral

0:11 Non teño nin idea do que imos tocar. Non lles poderei dicir qué é ata que aconteza. Non me decatara de que ía haber algo de música antes. Así que acho que vou comezar co que veño de escoitar.

0:22 (música)

5:57 (aplausos)

6:06 Ben, antes de nada, deámoselle a benvida a Jamire Williams na batería, (aplausos) Burniss Travis no baixo, (aplausos) e Christian Sands no piano.

6:21 (aplausos)

6:24 O coreto, como o chamamos, é un espazo incríbel. É un lugar sagrado. E unha das cousas que o fan sagrado é que non nos dá a oportunidade de pensar no futuro, ou no pasado. Realmente estás vivo neste momento. Hai que tomar moitas decisións cando un vai ao coreto. Non tiñamos nin idea do que iamos tocar. Polo medio, fixemos unha interpretación dunha canción chamada "Titi Boom". Pero iso puido acontecer ou non. Todos escoitan. Nós respondemos. Non hai tempo para as ideas proxectadas.

6:57 Entón, a idea dun erro: dende a perspectiva dun músico de jazz, é máis doado falar sobre o erro doutra persoa. O xeito de como percibo un erro cando estou no coreto... antes de nada, non o vemos coma un erro. O único erro xace en que non son quen de percibir que é o que outro fixo. Cada "erro" é unha oportunidade no jazz. Mesmo é difícil describir o que sería unha nota divertida.

7:25 Por exemplo, se pinto unha cor, coma se estiver xogando coa paleta, habería sonar coma isto... (música) Se Christian toca unha nota... coma Fa. (música) Vedes, todo encaixa na paleta de cores. Se toca Mi. Vedes, todo xace no interior desta paleta emocional xeral que estamos a pintar. Porén, se tocamos Fa # (disonancia) a maioría de oídos consideraríano un erro.

7:56 Ides ver, imos tocar un intre. E imos tocar nesta paleta. Nalgún momento, Christian ha engadir esta nota. E non imos reaccionar a ela. Vaina tocar durante un segundo e logo voume deter e falarei un intre. Imos ver que é o que acontece cando tocamos con esta paleta.

8:10 (música)

8:35 Conceptualmente, alguén podería percibilo coma un erro. Eu só diría que se trata dun erro se non reaccionásemos perante el. Unha oportunidade perdida. Así que é impredecíbel. Imos pintar esta paleta outra vez. El vai tocar. Non sei como imos reaccionar, pero algo ha trocar. Imos aceptar as súas ideas, ou non.

8:55 (música)

10:04 Vistes, tocou a súa nota. E eu creei unha melodía. Esta vez a textura cambiou na batería. Foi un pouco máis rítmico, un pouco máis intenso en función á miña resposta. Así que non hai erro. O único erro é se non son consciente, se cada músico non é consciente e non recoñece aos seus compañeiros para incorporar a idea e non imos permitir a creatividade.

10:28 Este coreto é verdadeiramente incríbel. É unha experiencia purificadora. E sei que falo por todos cando digo que non o damos por suposto. Sabemos que ser capaz de subir ao coreto e facer música é unha bendición. E que ten que ver isto coas finanzas? Todos somos músicos de jazz, o noso estereotipo non é o máis axeitado para as finanzas.

10:48 (gargalladas)

10:51 Só lles quería amosar como é que o afrontamos. E a outra dinámica é que non facemos microxestión no jazz. Hai xente que o fai. Pero iso limita as posibilidades artísticas. Se lle dicto á banda que toquemos así e quero que sone así, e digo de entrar en... veña, toquemos algo. Un, dous, un, dous, tres, catro. (música) É un pouco caótico porque me bulen as ideas. Dígolles: "Acompañádeme por este lado".

11:32 Se quero que a música vaia aí, o mellor que podo facer é escoitar. É a ciencia do ouvido. Ten máis que ver co que podo percibir ca co que podo facer. Se quero que a música acade un certo nivel de intesidade, o primeiro paso para min é ser paciente, escoitar o que acontece e recoller algo do que acontece ao meu redor. Cando o fas, motivas e inspiras aos outros músicos e eles danche máis, e así se vai facendo. Miren. Un, dous, un, dous, tres, catro.

12:00 (música)

12:40 É algo totalmente distinto cando tiro das miñas ideas. É moito máis orgánico. Ten moitos máis matices. Non se trata de espallar a miña visión ni nada. Trata de estar no momento, aceptármonos uns aos outros e deixar que flúa a creatividade.

12:53 Grazas.

12:55 (aplausos)