Return to the talk Return to talk

Transcript

Select language

Translated by María López del Río
Reviewed by Andres Corral

0:11 Eu, como moitos de vostedes, son un dos dous millóns de humanos na Terra que vive nunha cidade. E algúns días (e non sei a cantos de vós lles pasa isto) algúns días sinto moi de cerca o moito que confío noutras persoas en numerosas ocasións durante a miña vida. Hai días nos que isto aínda pode dar un pouco de medo. Mais hoxe quérovos falar de como esa mesma interdependencia de feito é unha infraestrutura social con moita forza que nós podemos aproveitar para contribuír ao alivio dalgúns dos nosos maiores problemas cívicos se poñemos en práctica a colaboración de código aberto.

0:55 Hai un par de anos, lin un artigo de Michael Pollan no New York Times no que argumentaba que con cultivar algo da nosa propia comida xa estamos facendo unha das mellores cousas que podemos facer polo medio ambiente. Cando eu lin este artigo estaba en medio do inverno e desde logo non tiña espazo para emporcar con terra no meu apartamento de Nova York. Así que eu o que quería era conformarme con ler a seguinte publicación da revista Wired para descubrir como os expertos se llas ían enxeñar para resolver todos estes problemas por nós no futuro. Pero precisamente a isto se refería Michael Pollan no seu artigo: que precisamente cando relegamos aos especialistas a responsabilidade por todas estas cousas é cando causamos os líos que podemos ver no sistema alimentario.

1:43 Pois ben, resulta que do meu propio traballo sei como a NASA utilizou cultivos hidropónicos para experimentar o cultivo de alimentos no espazo. E en verdade pódese obter un suministro nutricional óptimo cun tipo de solo líquido de alta calidade que se instala por encima das raíces das plantas. Iso si, para unha planta o meu apartamento debía de ser tan extraño como o espazo sideral. Aínda así, podo ter luz natural e un control climático durante todo o ano.

2:15 Pasamos rapidamente a dous anos máis tarde: agora temos granxas verticais nas ventás e plataformas hidropónicas de cultivo de alimentos de interior. E funciona cunha bomba no fondo que envía regularmente un pouco da solución nutritiva líquida á parte superior, que despois cae gota a gota por entre a raigame das plantas que están colgadas en boliñas de arxila, de modo que non hay suciedade. A luz e a temperatura varían co microclima de cada ventá. Así que unha granxa de ventá precisa dunha granxeira e esta ten que decidir que tipo de plantas vai ter na súa granxa de ventá e tamén se vai nutrir a súa comida organicamente.

2:55 Daquela, una granxa de ventá non era máis ca unha idea técnicamente complexa que ía ter que pasar por moitos experimentos. Eu quería realmente que fose un proxecto aberto, porque os hidropónicos é un dos ámbitos onde cada vez hai máis patentes nos Estados Unidos neste momento e poderíanse converter noutro ámbito como Monsanto, no que hai moita propriedade intelectual corporativa en forma de alimentación das persoas. Por iso decidín que, en vez de crear un produto, o que ía facer sería deixar isto aberto a un montón de copromotores.

3:30 Os primeiros sistemas que creamos, que eran poucos, ían funcionando. Podíamos cultivar unha leituga nunha semana, aproximadamente, na ventá dun típico apartamento de Nova York. E podíamos plantar tomates ananos, cogombros, de todo. Pero estes primeiros sistemas pingaban, facían ruído e absorbían enerxía, algo que Martha Stewart xamais aprobaría. (gargalladas) Así que para atraer máis copromotores creei unha páxina web nos medios sociais na que publicamos os deseños, explicamos como funcionaban e aínda chegamos ata o punto de indicar todo o que non ía ben con estes sistemas. Logo invitamos a xente de todo o mundo a os construir e experimentar con nós. E agora temos nesta páxina web 18.000 persoas. E temos granxas de ventá en todo o mundo.

4:21 O que estamos a facer é o que a NASA ou unha compañía grande chamaría I+D: investigación e desenvolvemento. Pero nós chamámolo I+D-T-M, dito doutro modo: investiga e desenvolve ti mesmo. Así, por exemplo, Jackson suxeriu que utilizasemos bombas de aire no canto das de auga. Para que funcionase houbo que construír moitos sistemas, pero unha vez que o fixemos, puidemos cortar o refugallo de carbono en case a metade. Tony de Chicago estivo experimentando con cultivos como moitos outros granxeros de ventás, e conseguiu que os amorodos deran froita durante nove meses ao ano en condicións de luz escasa simplemente cambiando os nutrientes orgánicos. E uns granxeiros de ventá de Finlandia puxéronse a adaptar as súas granxas para os escuros días de inverno fineses instalando diodos electroluminiscentes que agora puxeron como código aberto e forman parte do proxecto.

5:15 Así que as granxas de ventá evolucionaron pasando rapidamente por moitas versións de maneira similar aos programas informáticos. E con cada proxecto de código aberto o auténtico beneficio é a interacción entre os diferentes asuntos que concernen ás persoas que adaptan os seus sistemas para as súas necesidades particulares e as necesidades universais. De modo que o meu equipo principal e máis eu podemos concentrarnos nas melloras que realmente benefician a todo o mundo. E podemos estar atentos ás necesidades dos que chegan por primeira vez.

5:44 Para os amantes da bricolaxe, nós proporcionamos instruccións gratuítas, ben probadas para que calquera persoa en calquera parte do mundo poida construír gratuitamente uns destes sistemas. E tamén temos unha patente pendiente con estes sistemas, que está en posesión da comunidade. E para financiar o proxecto asociámonos para crear produtos que vendemos a escolas e a particulares que non teñen tempo para construir os seus proprios sistemas.

6:09 Podemos dicir que na nosa comunidade apareceu unha nova cultura. Na nosa cultura é mellor ser alguén que proba e que apoia a idea doutra persoa que ser soamente o que tivo a idea. O que conseguimos con este proxecto é ter apoio polo noso propio traballo así como unha experiencia de contribución ao movemento ambiental e isto o facémos non só enroscando lámpadas novas. Porén, creo que Eileen di mellor o que realmente conseguimos con isto: a mesma satisfacción que dá a colaboración. Ela expresa o que é ver que alguén que vive na outra metade do mundo retoma a túa idea, desenvólvea e despois recoñece a túa contribución. Se realmente queremos ver ese tipo de cambio amplo no comportamento do consumidor do que todos estamos falando como ambientalistas e interesados pola alimentación, quizais só teñamos que desfacernos do termo "consumidor" e apoiar a xente que está facendo cousas interesantes.

7:06 Os proxectos de código aberto adoitan ter un momento propio. E o que estamos a ver é que a I+D-T-M foi alén das granxas de ventá e diodos luminiscentes ata chegar a sistemas con paneis solares e acuapónicos. Estamos desenvolvendo innovacións das xeracións anteriores. E temos en vista as xeracións que realmente necesitan que usemos outras ferramentas nas nosas vidas. Con isto, pedímovos que vos unades a nós para redescubrir o valor dos cidadáns unidos e para declarar que todos nós somos aínda os primeiros.

7:40 (aplausos)