Return to the talk Return to talk

Transcript

Select language

Translated by Alicia Ferreiro
Reviewed by Alba Regidor

0:13 (Música) Para os que teñades visitado ou vivido na cidade de Nova York estas imaxes quizais vos comecen a soar. Isto é Central Park, un dos espazo públicos mellor deseñados de América. Pero para aqueles que non o visitaran, estas imaxes non se axustan por completo. Para comprender de verdade Central Park tes que estar alí físicamente. Ben, sucede o mesmo coa música que meu irmán mais eu compuxemos e localizamos especificamente para Central Park. (Música)

0:59 Gustaríame falarvos hoxe un pouco sobre o traballo que meu irmán Hays e eu estamos a facer. -Ahí estamos nós. Somos nólos dous de feito - concretamente sobre o concepto que estivemos desenvolvendo ao longo dos últimos anos, a idea da música que ten en conta a ubicación.

1:16 Ben, meu irmán e eu somos músicos e produtores de música. Levamos traballando xuntos dende, ben, dende que eramos nenos en realidade. Pero ultimamente, fómonos interesando cada vez máis en proxectos nos que a arte e a tecnoloxía se cruzan, dende crear unha instalación de audio e vídeo específica para unhas vistas ata deseñar concertos interactivos.

1:38 Pero hoxe quero centrarme neste concepto de compoñer para un espazo físico.

1:44 Pero antes de ir máis aló con isto, deixádeme contarvos un pouco máis sobre como comezamos con esta idea. Meu irmán e eu estabamos vivindo en Nova York cando os artistas Christo e Jeanne-Claude fixeron a súa instalación temporal, "The Gates", en Central Park. Centos destas esculturas de cores brillantes decoraron o parque unhas semanas e, a diferenza do traballo exposto en espazos máis neutrais, como as paredes dunha galería ou dun museo, este era un traballo que estaba realmente dialogando con este lugar, e de moitos xeitos, "The Gates" foi realmente unha celebración do incrible deseño de Frederick Olmsted. Esta foi unha experiencia que se mantivo con nós por moito tempo, e anos despois meu irmán mais eu mudámonos de novo a Washington DC e comezamos a preguntarnos se sería posible, do mesmo xeito que "The Gates" respondía á disposición física do parque, compoñer música para unha paisaxe. O que nos conduciu ata aqui.

2:43 (Música)

2:48 No Día dos Caídos, estreamos "The National Mall" un album que ten en conta a ubicación lanzado en exclusiva como unha aplicación móbil que usaba a función interna do GPS para cartografar sonoramente todo o parque da nosa cidade natal en Washington, DC. Centos de segmentos musicais están etiquetados xeograficamente por todo o parque polo que a medida que o ouvinte atravesa a paisaxe, un indicador musical vaise estendendo ó seu arredor. Así que isto non é unha lista de reproducción ou de cancións planeada para o parque, senón máis ben un espectro de distintos ritmos e melodías que encaixan entre si como pezas dun crebacabezas e se mesturan continuamente segundo a traxectoria escollida polo ouvinte. Así que pensen en isto como un álbum de escolle-a-túaa-propia-aventura.

3:39 Botemos unha ollada máis de preto. Vexamos este exemplo. Utilizando a aplicación a medida que te abres camiño polo terreo rodeando o monumento a Washington, escoitas o son dos instrumentos afinándose, que logo da paso ó son dun mellotron entoando unha melodía moi sinxela. A isto úneselle despois o envolvente son de violíns. Segue a andar e unirase un coro completo ata que finalmente acades o alto do outeiro e escoitarás o son de tambores e fogos de artificio e todo tipo de tolerías musicais como se todos estes sons fosen irradiados polo obelisco xigante que irrumpe no centro do parque. Pero se te dirixises á dirección oposta toda a secuencia sucedería en orde inversa. E cando saises do perímetro do parque, a música esvaeceríase ata desaparecer, e o botón do play desaparecería.

4:42 Ás veces contacta con nós xente doutros lugares do mundo que non poden viaxar ós Estados Unidos, pero ós que lles gustaría escoitar esta grabación. Ben, a diferenza dun disco normal, non puidemos satisfacer esta petición. Cando piden un CD ou unha versión en MP3, simplemente non podemos conseguilo e a razón é que esta non é unha aplicación promocional, ou un xogo para publicitar ou acompañar o lanzamento dunha grabación tradicional. Neste caso, a aplicación é o traballo en si mesmo e a arquitectura da paisaxe é intrínseca á experiencia auditiva.

5:19 Seis meses despois, creamos un disco que ten en conta a ubicación para Central Park, un parque que duplica o tamaño do National Mall, con música que abarcaba dende Sheep's Meadow ata a camiñata á presa.

5:32 Actualmente, meu irmán e eu estamos traballando en proxectos por todo o país, pero a primavera pasada comezamos un proxecto precisamente aquí no Stanford's Experimental Media Art Department, onde estamos creando o noso maior disco que ten en conta a ubicación ata agora, que abarcará toda a Estrada 1 aquí na costa do Pacífico.

5:50 Pero o que nos facemos, incorporar GPS á música, en realidade é só unha idea. Aínda que conduce a unha visión máis ampla para unha industria que ás veces forcexa para atopar o seu lugar na era dixital, que empecen a ver nestas novas tecnoloxías non só como formas de engadir campás e asubíos a un modelo existente, senón que fantaseen con modelos totalmente novos nos que a xente intereactúe e experimente a música.

6:16 Grazas.

6:18 (Aplausos)