Return to the talk Return to talk

Transcript

Select language

Translated by Laura Linares
Reviewed by Adrián Levices Casal

0:11 Señoras e señores, presten atención. Gustaríame contarlles unha historia.

0:16 Érase unha vez na Alemaña do século XIX o libro. Naquela época o libro era o rei da narrativa. Era venerábel. Omnipresente. Pero..., un pouquiño aburrido. Porque nos seus 400 anos de existencia os narradores nunca transformaran o libro nunha ferramenta para contar historias. Pero un día apareceu un autor que cambiou as cousas para sempre. (Música) Chamábase Lothar Lothar Meggendorfer. Lothar Meggendorfer púxose serio e dixo: "Genug ist genug!" (Xa basta!) Agarrou a pluma e colleu as tesoiras. Non quixo dobregarse ante as convencións da normalidade e simplemente decidiu dobrar. Lothar Meggendorfer quedará nos anais da historia como (quen senón?) o primeiro e verdadeiro inventor mundial do libro despregable para nenos. (Música) Para a súa gran satisfacción á xente encantoulle. (Ovacións) Estaban contentos porque a historia sobrevivira e o mundo ía continuar xirando.

1:34 Lothar Meggendorfer non foi o primeiro en transformar a forma de contar historias e definitivamente non foi o último. Xa se desen de conta ou non os narradores estaban canalizando o espírito de Meggendorfer cando transformaron a ópera en vodevil as noticias radiofónicas en radioteatro a fotografía en películas películas con son, cor, en 3D en VHS e en DVD. Parecía non haber cura para esta Meggendorferite.

2:03 E a cousa púxose moito máis divertida cando apareceu Internet. (Risas) Porque a xente empezou a poder difundir as súas historias por todo o mundo e non só iso usaban o que semellaba unha cantidade infinita de dispositivos. Por exemplo, unha empresa contaba unha historia de amor a través do seu propio buscador. Un estudo de produción taiwanés interpretaba a política estadounidense en 3D. (Risas) E un home contaba as historias do seu pai utilizando unha plataforma chamada Twitter para comunicar o excremento que o seu pai xesticulaba.

2:45 E despois de todo isto, todo o mundo parou e deu un paso atrás. Déronse conta de que, en 6.000 anos de historias pasaran de representar esceas de caza nas paredes das cavernas a representar a Shakespeare nos taboleiros de Facebook. E isto era motivo de celebración. A arte de contar historias permaneceu intacta e a maioría das veces as historias recíclanse. Pero a forma na que os seres humanos contamos esas historias sempre evolucionou con innovación pura e consistente.

3:15 E recordaban a un home un alemán alucinante cada vez que unha nova ferramenta para contar historias aparecía. E por isto as persoas do público estas marabillosas e encantadoras persoas vivirán felices e comerán perdices. (Aplausos)