Ryan Holladay

Para escoitar esta música tes que estar alí, literalmente.

1,279,585 views • 6:29
Subtitles in 33 languages
Up next
Details
Discussion
Details About the talk
Transcript 33 languages
Translated by Alicia Ferreiro
Reviewed by Alba Regidor
0:13

(Música) Para os que teñades visitado ou vivido na cidade de Nova York estas imaxes quizais vos comecen a soar. Isto é Central Park, un dos espazo públicos mellor deseñados de América. Pero para aqueles que non o visitaran, estas imaxes non se axustan por completo. Para comprender de verdade Central Park tes que estar alí físicamente. Ben, sucede o mesmo coa música que meu irmán mais eu compuxemos e localizamos especificamente para Central Park. (Música)

0:59

Gustaríame falarvos hoxe un pouco sobre o traballo que meu irmán Hays e eu estamos a facer. -Ahí estamos nós. Somos nólos dous de feito - concretamente sobre o concepto que estivemos desenvolvendo ao longo dos últimos anos, a idea da música que ten en conta a ubicación.

1:16

Ben, meu irmán e eu somos músicos e produtores de música. Levamos traballando xuntos dende, ben, dende que eramos nenos en realidade. Pero ultimamente, fómonos interesando cada vez máis en proxectos nos que a arte e a tecnoloxía se cruzan, dende crear unha instalación de audio e vídeo específica para unhas vistas ata deseñar concertos interactivos.

1:38

Pero hoxe quero centrarme neste concepto de compoñer para un espazo físico.

1:44

Pero antes de ir máis aló con isto, deixádeme contarvos un pouco máis sobre como comezamos con esta idea. Meu irmán e eu estabamos vivindo en Nova York cando os artistas Christo e Jeanne-Claude fixeron a súa instalación temporal, "The Gates", en Central Park. Centos destas esculturas de cores brillantes decoraron o parque unhas semanas e, a diferenza do traballo exposto en espazos máis neutrais, como as paredes dunha galería ou dun museo, este era un traballo que estaba realmente dialogando con este lugar, e de moitos xeitos, "The Gates" foi realmente unha celebración do incrible deseño de Frederick Olmsted. Esta foi unha experiencia que se mantivo con nós por moito tempo, e anos despois meu irmán mais eu mudámonos de novo a Washington DC e comezamos a preguntarnos se sería posible, do mesmo xeito que "The Gates" respondía á disposición física do parque, compoñer música para unha paisaxe. O que nos conduciu ata aqui.

2:43

(Música)

2:48

No Día dos Caídos, estreamos "The National Mall" un album que ten en conta a ubicación lanzado en exclusiva como unha aplicación móbil que usaba a función interna do GPS para cartografar sonoramente todo o parque da nosa cidade natal en Washington, DC. Centos de segmentos musicais están etiquetados xeograficamente por todo o parque polo que a medida que o ouvinte atravesa a paisaxe, un indicador musical vaise estendendo ó seu arredor. Así que isto non é unha lista de reproducción ou de cancións planeada para o parque, senón máis ben un espectro de distintos ritmos e melodías que encaixan entre si como pezas dun crebacabezas e se mesturan continuamente segundo a traxectoria escollida polo ouvinte. Así que pensen en isto como un álbum de escolle-a-túaa-propia-aventura.

3:39

Botemos unha ollada máis de preto. Vexamos este exemplo. Utilizando a aplicación a medida que te abres camiño polo terreo rodeando o monumento a Washington, escoitas o son dos instrumentos afinándose, que logo da paso ó son dun mellotron entoando unha melodía moi sinxela. A isto úneselle despois o envolvente son de violíns. Segue a andar e unirase un coro completo ata que finalmente acades o alto do outeiro e escoitarás o son de tambores e fogos de artificio e todo tipo de tolerías musicais como se todos estes sons fosen irradiados polo obelisco xigante que irrumpe no centro do parque. Pero se te dirixises á dirección oposta toda a secuencia sucedería en orde inversa. E cando saises do perímetro do parque, a música esvaeceríase ata desaparecer, e o botón do play desaparecería.

4:42

Ás veces contacta con nós xente doutros lugares do mundo que non poden viaxar ós Estados Unidos, pero ós que lles gustaría escoitar esta grabación. Ben, a diferenza dun disco normal, non puidemos satisfacer esta petición. Cando piden un CD ou unha versión en MP3, simplemente non podemos conseguilo e a razón é que esta non é unha aplicación promocional, ou un xogo para publicitar ou acompañar o lanzamento dunha grabación tradicional. Neste caso, a aplicación é o traballo en si mesmo e a arquitectura da paisaxe é intrínseca á experiencia auditiva.

5:19

Seis meses despois, creamos un disco que ten en conta a ubicación para Central Park, un parque que duplica o tamaño do National Mall, con música que abarcaba dende Sheep's Meadow ata a camiñata á presa.

5:32

Actualmente, meu irmán e eu estamos traballando en proxectos por todo o país, pero a primavera pasada comezamos un proxecto precisamente aquí no Stanford's Experimental Media Art Department, onde estamos creando o noso maior disco que ten en conta a ubicación ata agora, que abarcará toda a Estrada 1 aquí na costa do Pacífico.

5:50

Pero o que nos facemos, incorporar GPS á música, en realidade é só unha idea. Aínda que conduce a unha visión máis ampla para unha industria que ás veces forcexa para atopar o seu lugar na era dixital, que empecen a ver nestas novas tecnoloxías non só como formas de engadir campás e asubíos a un modelo existente, senón que fantaseen con modelos totalmente novos nos que a xente intereactúe e experimente a música.

6:16

Grazas.

6:18

(Aplausos)

A industria musical ás veces forcexa para atopar o seu sitio na era dixital. Nesta agradable conferencia, o membro de TED Ryan Holladay cóntanos porque está a experimentar co que el chama "música que ten en conta a localización". Esta programación e produción musical inclúe centos de segmentos xeolocalizados de sons que só se poden reproducir cando o ouvinte está fisicamente preto. (grabado en TED@BCG)

About the speaker
Ryan Holladay ·

Brothers Ryan and Hays Holladay explore the intersection of art and technology with an emphasis on music and sound, with projects ranging from multichannel audio installations to interactive performances to mobile apps.

Brothers Ryan and Hays Holladay explore the intersection of art and technology with an emphasis on music and sound, with projects ranging from multichannel audio installations to interactive performances to mobile apps.