Podería a enxeñería de tecidos dar lugar á medicina personalizada?
1,326,765 views |
Nina Tandon |
TEDGlobal 2012
• June 2012
Cada un dos nosos corpos é único, o que é un pensamento fermoso ata que falamos de tratar enfermidades --cando cada corpo reacciona de maneira diferente, a miúdo de xeito impredecible, a un tratamento estándar. A enxeñeira de tecidos Nina Tandon fálanos dunha posible solución: empregarmos células nai pluripotentes para facer modelos personalizados de órganos, onde probar novos fármacos e tratamentos, e almacenármolos en chips. (Chámase medicina extremadamente personalizada.)