Como a realidade aumentada pode cambiar o futuro da cirurxía
1,333,703 views |
Nadine Hachach-Haram |
TEDWomen 2017
• November 2017
Se te vas someter a unha operación cirúrxica, queres que o mellor equipo cirúrxico colabore no teu caso, independentemente de onde se atopen. Nadine Hachach-Haram, cirurxiá e empresaria, está desenvolvendo un sistema pioneiro que axuda a cirurxiáns de todo o mundo a operar xuntos e a compartir técnicas --todo isto mediante ferramentas de realidade aumentada de baixo custo. Observa este sistema en funcionamento dende un ordenador portátil no propio escenario TED, cando nos unimos a unha operación de xeonllo retransmitida en directo dende Minnesota. Tal e como di Hachach-Haram: "Usando dispositivos de uso común para todos nós, podemos chegar a facer verdadeiros milagres." (Esta charla contén imaxes explícitas dunha operación cirúrxica.)