Como sería a Revolución Rusa nas redes sociais
1,471,219 views |
Mikhail Zygar |
TED2018
• April 2018
A historia escríbena os vencedores, como adoita dicirse, pero como sería se a escribísemos entre todos? Mikhail Zygar, xornalista e membro TED, ten a misión de amosárnolo co seu Project1917, "unha rede social para mortos" que publica os diarios e cartas auténticos de máis de 3.000 persoas que viviron durante a Revolución Rusa. Ao mostrarnos os pensamentos cotiáns de persoas como Lenin, Trotsky e moitas outras figuras menos coñecidas, o proxecto bota luz sobre a historia tal e como foi, e como puido ser. Descubre máis sobre esta nova narración dixital do pasado e sobre o último proxecto de Zygar sobre o transformador ano 1968.