A fin da globalización (e o comezo de algo novo)
2,413,751 views |
Mike O'Sullivan |
TED2020
• May 2020
"A globalización está no seu leito de morte", di o economista Mike O'Sullivan. A cuestión é: Que vén agora? A partir dunha revisión histórica dos logros e os fracasos da globalización, O'Sullivan prognostica unha nova orde mundial na que os países se asociarán sobre a base de valores compartidos máis ca pola xeografía. Coa súa charla entenderemos como as grandes potencias rexionais, como os Estados Unidos ou China, seguirán modos diferentes de gobernar o comercio, a tecnoloxía e as persoas, mentres que as nacións máis pequenas formarán novas alianzas para resolveren os problemas.