As destrezas humanas necesarias nun mundo imprevisible
4,075,023 views |
Margaret Hefferman |
TEDSummit 2019
• July 2019
Canto máis confiamos na tecnoloxía para ser máis eficientes, menos destrezas temos para enfrontarnos co inesperado, segundo a escritora e empresaria Margaret Hefferman. Nesta charla expón os motivos polos que necesitamos menos tecnoloxía e máis destrezas humanas desordenadas -- imaxinación, humildade, valor -- para resolver problemas nos ámbitos dos negocios, o goberno e a vida nunha época imprevisible. "Temos valor abondo para inventar cousas que nunca antes víramos," di. "Podemos crear calquera futuro que elixamos."