Que é ansiedade normal, e que é un trastorno de ansiedade?
4,178,657 views |
Jen Gunter |
Body Stuff with Dr. Jen Gunter
• July 2021
Todos nos sentimos ansiosos ás veces, pero como podes saber cando a preocupación e o medo cruzan a liña e necesitas axuda? A Dra. Jen Gunter presenta unha parte especial do cerebro, chamada amígdala, e comparte o coñecemento existente sobre o sistema de detección de ameazas do teu cerebro, sobre o que provoca o seu funcionamento defectuoso e sobre as formas máis eficaces de tratar un trastorno de ansiedade. Queres saber máis da Dra. Gunter? Bótalle un vistazo ao seu podcast Body Stuff [Asuntos de corpo], da colección TED Audio Collective.