En busca da materia invisible que forma o universo
1,966,999 plays|
Chanda Prescod-Weinstein |
TED2022
• April 2022
O universo tal e como o coñecemos, coas súas luminosas estrelas e planetas orbitantes, está composto principalmente por elementos que non podemos ver a simple vista, como a enerxía escura e a materia escura, e que, polo tanto, non chegamos a entender por completo. A física teórica Chanda Prescod-Weinstein lévanos nesta procura pola materia invisible que forma o cosmos e explícanos como poderiamos estar a piques de desmitificalo grazas a unha nova xeración de telescopios. "O Universo é máis raro e fantástico do que semella a simple vista", declara a física.
Se queres saber máis sobre Prescod-Weinstein, escoita o seu episodio no podcast "The TED Interview".