Return to the talk Return to talk

Transcript

Select language

Translated by Martina Corral Aller
Reviewed by Adrián Levices Casal

0:12 Ben, ademais da física, estou enleado noutras cousas. De feito, agora estou principalmente noutras cousas.

0:18 Unha delas é a relación distante entre as diferentes linguas humanas. Os profesionais, lingüistas históricos nos EEUU e en Europa Occidental, tentan de maneira especial manterse lonxe de calquera relación afastada no tempo, das grandes agrupacións, agrupacións que se remontan moito no tempo, moito máis cás familias familiares. Eles non gustan disto, cren que son excentricidades. Eu non. E hai algúns lingüistas brillantes, a maioría rusos, que están a traballar nisto no Instituto de Santa Fe e en Moscú, e a min encantaríame ver a onde os leva.

0:55 Lévanos realmente a un único antepasado de hai uns 20 ou 25 000 anos? E que pasa se imos máis alá de este antepasado único, cando imaxino que había unha competición entre moitas linguaxes? Como de lonxe se remonta isto? Ata onde se remontan as linguas modernas? Cantas decenas de miles de anos?

1:15 Vostede ten o presentimento ou a esperanza de cal é a resposta?

1:18 Ben, supoño que as linguas modernas deben ser máis antigas cás pinturas, os gravados e as esculturas das cavernas e as pisadas de baile na lama das cavernas de Europa Occidental, no período Auriñacense hai uns 35 000 anos ou máis. Eu non podo crer que fixeran todas esas cousas e non tiveran xa unha linguaxe moderna. Así que eu diría que a verdadeira orixe se remonta polo menos ata ese momento e, se cadra, máis.

1:44 Pero isto non significa que todas, ou moitas, ou a maioría das linguas que se coñecen na actualidade non proveñan dunha moito máis nova ca iso, como de hai 20 000 anos, ou algo polo estilo. É o que chamamos unha conxestión.

1:59 Ben, pode que Philip Anderson tivese razón. Vostede debe saber máis de todo que ninguén. Así que, foi todo un honor. Grazas Murray Gell-Mann. (Aplausos)