Todos os que estamos hoxe aquí comecemos admitindo que temos sorte. Non vivimos no mundo no que vivían as nosas nais e avoas onde as opcións de futuro para as mulleres eran moi limitadas. E se estás nesta sala hoxe, a maioría de nós medramos nun mundo onde temos dereitos civís básicos e, sorprendentemente, aínda vivimos nun mundo no que algunhas mulleres non os teñen. Pero, alén diso, aínda temos un problema, e é un problema real. E o problema é que as mulleres non están acadando o cume das súas profesións en ningures. Os números dino claramente 190 xefes de estado nove son mulleres. Dos membros do parlamento en todo o mundo, un 13% son mulleres. No mundo da empresa, as mulleres no cume: executivas, consellos de administración... representan o 15, 16 ó sumo. Isto non mudou dende 2002 e van na dirección errada. E, mesmo en institucións sen ánimo de lucro, un mundo que ás veces pensamos está dirixido por mulleres, as mulleres en altas posicións son o 20%.
Mais temos tamén outro problema é que as mulleres encaran eleccións máis difíciles entre o éxito profesional e a realización persoal. Un estudo recente nos Estados Unidos amosou que dos altos directivos casados, dous terzos dos homes casados teñen fillos e só un terzo das mulleres casadas teñen fillos. Hai un par de anos, estaba en Nova Iorque para presentar un acordo, e estaba nunha desas típicas oficinas de empresa elegantes, xa sabedes. E na reunión, --unha xuntanza de preto de tres horas -- logo de duas horas, precisabamos unha pausa para ir ó baño, entón ergueuse todo o mundo , e o anfitrión da reunión asemella estar moi incómodo. E decateime de que non sabía onde estaba o baño das mulleres na oficina. Entón comecei a ollar arredor por caixas, pensando que se mudaran recentemente, pero non vin ningunha. E preguntei: "Mudástesvos hai pouco?" E dixo: "Non, levamos case un ano aquí." E eu lle dixen: "Estás a dicir que eu son a única muller que veu a pechar un acordo nesta oficina nun ano?" Mirou para min e dixo: "Si. Ou quizais es a única que quería ir ao baño."
Entón a cuestión é: como podemos solucionar isto? Como podemos cambiar estes números? Como podemos mudar isto? Quero comezar por dicir que eu falo sobre isto, de manter as mulleres no mercado de traballo, porque realmente creo que esa é a resposta. Na parte alta da renda no mundo laboral, entre as persoas que acadan os mellores traballos: director xeral nas empresas do Fortune 500 ou o equivalente noutras áreas. O problema, estou convencida, é que as mulleres están abandonando. A xente fala moito sobre isto, e fálase de cousas coma o horario flexible e de asesoramento, e programas que as empresas deberían ter para formar as mulleres. Non quero falar de nada diso hoxe, aínda que é realmente importante. Hoxe quero centrar a atención no que podemos facer como individuos. Cal é a mensaxes que precisamos transmitirnos? Que mensaxe temos que dar ás mulleres que traballan con e para nós? Que mensaxe lle damos ás nosas fillas?
Quero ser certa dende o principio eu non vou facer xuízos de valor nesta conferencia. Eu non teño a resposta correcta, nin sequera para mi mesma. Saín de San Francisco, onde eu vivo, o luns para coller o avión para vir a esta conferencia e a miña filla de 3 anos de idade, cando a deixei na escola cinxiuse á miña perna, chorado: "Mamá, non collas o avión." É difícil. Ás veces síntome culpable. Non coñezo ningunha muller amas de casa, ou que traballen fóra, que non sintan iso ás veces. Entón non estou dicindo que traballar fóra sexa adecuado para todos.
A miña conferencia hoxe é sobre as mensaxes clave se se quere permanecer no mercado de traballo e penso que hai tres. Primeiro, toma asento na mesa. Segundo, fai do teu compañeiro un verdadeiro compañeiro. E terceiro, non abandones antes de tempo. Número un: toma asento na mesa. Hai un par de semanas en Facebook, recibimos un alto representante do goberno, que viña a encontrarse con altos executivos de Silicon Valley. E todos sentaron á mesa. E había dúas mulleres que viaxaban con eles que tiñan posicións importantes nos seus departamentos. E díxenlles: "Senten á mesa. Veña, senten á mesa." E sentaron nun lado da sala. Cando estaba no último ano da universidade fixen un curso chamado Historia Intelectual Europea. Non vos encantan estas cousas da universidade? Querería poder facelo agora. E fíxeno coa miña compañeira de cuarto, Carrie, que era unha alumna brillante de literatura e máis tarde converteuse nunha excelente académica en literatura e co meu irmán, un rapaz astuto, pero xogador de waterpolo, que era estudante de medicina de segundo ano.
Os tres fixemos este curso xuntos. Carrie leu todos os libros, nas versións orixinais en grego e latín, foi a todas as clases. Eu lin todos os libros en inglés e fun á maioría das clases. O meu irmán estaba medio ocupado, leu un dos doce libros e foi a un par de clases, veu ao noso cuarto un par de días antes da proba para que o axudásemos. Os tres fomos ó exame xuntos. E estivemos alí durante 3 horas... coas nosas libretas azuis ... si, así de vella son. E saímos da aula, ollámonos e preguntámonos: "Como foi?" E Carrie dixo: "Bon, penso que non tratei a fondo o punto fundamental da dialéctica hegeliana". E eu dixen: "Deus, querería ter conectado a teoría da propiedade de John Locke con filósofos sucesivos." E meu irmán dixo: "Teño a mellor nota da clase." "Tes a mellor nota da clase? Pero se non sabes nada!"
O problema con estas historias é que coinciden co que os datos amosan: as mulleres regularmente subestiman as súas habilidades. Se fas un test a homes e mulleres e lles preguntas sobre algo totalmente obxectivo coma as notas medias, os homes erran ó valorarse de máis as mulleres erran ó valorarse de menos. As mulleres non negocian por si mesmas no mundo do traballo. Un estudo nos últimos dous anos sobre as persoas que entran no mercado de traballo dende a universidade amosa que o 57% dos nenos ó comezar, ou homes, direi.. negocian o seu primer salario, e só 7% das mulleres. E aínda máis importante, os homes auto-atribúense o éxito e as mulleres a factores externos. Se lle preguntas a un home por qué fixo un bo traballo, dirá, "Por qué son incrible. Obviamente. Dubidábalo? Se lle preguntas o mesmo a unha muller dirá que alguén a axudou, tiveron sorte, traballaron moito. Por que é isto importante? Pois importa moito, porque ninguén chega ós postos importantes sentando a un lado e non na mesa de negociación. E ninguén recibe un ascenso, se non pensa que merece o éxito, ou non entenden o porqué do seu propio éxito.
Querería que a resposta fose doada. Se puidera dicirlle a todas esas mulleres novas coas que traballo, todas esas mulleres incribeis, "Crede e negociade por vós mesmas. sede donas do voso propio éxito" Querería poder dicirllo á miña filla. mais non é tan sinxelo. porque os datos amosan unha cousa, por riba de todo que é que o éxito e a simpatía teñen unha correlación positiva para os homes e negativa para as mulleres. E todos vós asentides coa cabeza porque sabemos que é certo.
Hai un estudo moi bo que o amosa moi ben. É un importante estudo da Harvard Business School, sobre unha muller chamada Heidi Roizen. Ela traballa nunha empresa de Silicon Valley e usou os seus contactos para converterse nunha inversora de éxito en capital risco. No 2002, non hai moito tempo, un profesor que estaba entón na Universidade de Columbia colleu o caso e cambiou o nome por Howard Roizen e deu os dous casos a dous grupos de alumnos. Cambiou só unha palabra: Heidi por Howard. Pero esa palabra supuxo unha gran diferenza. E logo fixo unha enquisa ós alumnos. As boas novas é que os estudantes tanto homes coma mulleres, pensaron que ambos, Heidi e Howard, eran os dous competentes e iso é bo. As malas novas son que a todos lles gustou Howard. É un tipo excelente, queren traballar con el, queren pasar o día pescando con el. E Heidi? Non están seguros. É un pouco egocéntrica e ten un sesgo político. Non estás seguro de se che gustaría traballar con ela. Esta é a complicación. Temos que lles dicir ás nosas fillas, ós nosos compañeiros de traballo, e a nós mesmas que temos que crer que somos os mellores, para conseguir o ascenso, para sentar á mesa. E témolo que facer nun mundo no que para acadalo, terán que sacrificarse, sacrificios que os seus irmáns homes non terán que facer.
A parte máis triste de todo isto é que é moi difícil de lembrar. Vou contar unha historia, realmente embarazosa para min, pero eu creo que é importante. Dei unha conferencia en Facebook non hai moito tempo a uns 100 empregados. Un par de horas máis tarde, había unha rapaza que traballa alí sentada fóra da miña oficina que quería falar comigo. Díxenlle que estaba ben, que sentara e falariamos. Díxome: "Hoxe aprendín algo. Aprendín que teño que manter a man erguida" E díxenlle: "que queres dicir ?" e dixo: "Ben, estabas dando a conferencia e dixeches que ías atender dúas cuestións máis, e eu, ao igual que moitos outros, tiña a miña man erguida, e contestaches dúas preguntas máis. E entón baixei a man e vin que todas as mulleres fixeron o mesmo, e entón respondiches a máis preguntas só dos homes." E pensei, vaia, se isto me acontece a min, algo que me preocupa, cando dou esta conferencia, e mentres a daba nin sequera me dei conta de que as mans dos homes estaban aínda erguidas, e as mans das mulleres estaban aínda erguidas, a que nivel somos bos coma xestores das nosas empresas e organizacións para ver que os homes buscan máis oportunidades que as mulleres? Cómpre facer que as mulleres senten á mesa.
Mensaxe número dous: fai do teu compañeiro un verdadeiro compañeiro. Estou convencida de que fixemos máis progreso no traballo ca nas nosas casas. Os datos amósano con claridade. Se unha muller e un home traballan a tempo completo e teñen un fillo a muller fai o dobre do traballo na casa có home e as mulleres dedican tres veces máis tempo para coidar dos nenos cós homes. Entón ela ten tres ou dous traballos, e el ten un. Quen pensades que deixará o traballo cando alguén teña que estar na casa? As razóns disto son moi complicadas, e non teño tempo de entrar en detalles. Mais non creo que o fútbol o domingo ou a preguiza en xeral son a causa.
Coido que a causa é máis complicada. Coido que, como sociedade, poñemos máis presión sobre os nosos fillos para ter éxito ca sobre as nosas fillas. Coñezo homes que quedan na casa e traballan na casa para apoiar a carreira das súas mulleres e é difícil. Cando vou a reunións de nais e vexo alí ó pai, doume conta que as outras nais non interactúan con el. E iso é un problema, porque temos que dignificar o traballo porque é a cousa máis difícil do mundo, traballar na casa para persoas de ambos sexos se queremos igualar a cousa e que mulleres traballen fóra. (Aplausos) Os estudos amosan que familias con salarios e responsabilidades similares tamén padecen a metade de divorcios. E se isto non é motivación suficiente para todo o mundo, eles tamén teñen... ...como dicilo neste escenario? Estas parellas coñecense mellor, no sentido bíblico tamén.
Mensaxe número tres: non abandones antes de tempo. Creo que é unha grande ironía que as mulleres tomen medidas, e véxoo todo o tempo, co fin de seguir traballando, e que en realidade as leva a deixar o traballo. Isto é o que acontece: todos estamos moi ocupados, todo o mundo, as mulleres están ocupadas. E a muller comeza a pensar en ter un fillo. E dende o momento que empeza a pensar en ter un fillo comeza a pensar en encontrar o tempo para o seu fillo. "Como podo combinar iso con todo o que fago?" E, literalmente, a partir daquel momento, deixa de erguer a man, xa non procura un ascenso, xa non inicia un novo proxecto, xa non di, "Eu quero facelo". Comeza a botarse para atrás. O problema é que ... digamos que fica en cinta, ese dia nove meses de xestación, tres meses de licencia de maternidade seis meses para recuperar o alento, e pasan dous anos, con moita frecuencia... coma teño visto, as mulleres comezan a pensar sobre iso moito antes, cando se comprometen, cando casan, cando comezan a pensar en tentar ter un fillo, algo que pode levar moito tempo. Unha vez unha muller viu a verme para falar diso e mirei para ela pareceume una rapaciña. E díxenlle: "Entón ti e o teu marido estades a pensar en ter un fillo?" E dixo: "Non, non estou casada." Nin sequera tiña un mozo. E dixen: "Estás a pensar sobre isto moi cedo".
Mais o argumento é, que ocorre cando un comeza a retirarse lentamente? Todos os que pasaron por isto... e estou aquí para dicirvos, que cando hai un neno na casa máis vale que o teu traballo sexa bo porque é moi difícil deixar o neno na casa, o teu traballo ten que ser un desafío. Ten que darte satisfacción. Tes que sentir que estás marcando a diferenza. E se hai dous anos non acadaches o ascenso e algún home no traballo o conseguiu, se hai tres anos deixaches de procurar novas oportunidades vas estar aburrida porque deberías ter deixado o pé no acelerador. Non abandones antes de tempo. Queda. Mantén o pé no acelerador ata que de verdade teñas que marchar para ocuparte do teu fillo e só entón toma as túas decisións. Non tomes decisións demasiado cedo, especialmente daquelas que nin sequera sabes que as estás tomando.
A miña xeración realmente, e por desgracia, non vai cambiar os números que hai no cume. Non están a cambiar. Non imos chegar a ese 50% da poboación... ...na miña xeración, non haberá un 50% de mulleres en postos superiores de calquera sector. Pero agardo que sexa así en xeracións futuras. Coido que un mundo onde a metade dos países e metade das empresas fosen gobernados por mulleres, sería un mundo mellor. E non só porque a xente sabería onde están os baños para as mulleres, o que sería moi útil. Coido que sería un mundo mellor. Teño dous fillos. Teño un fillo de cinco anos e unha filla de dous anos. Quero que o meu fillo teña a oportunidade de contribuír plenamente no lugar de traballo ou na casa e quero que miña filla teña a oportunidade de escoller non só para ter exito, mais para ser amada polos seus logros.
You can share this video by copying this HTML to your clipboard and pasting into your blog or web page. This video will play with subtitles.
You either have JavaScript turned off or have an old version of the Adobe Flash Player. To view this rating widget you
need to get the latest Flash player.
If your browser allows only "trusted sites" to execute Javascript, you should add the "googleapis.com" domain to your whitelist to allow our Flash detection to work properly.
Got an idea, question, or debate inspired by this talk? Start a TED Conversation.
A directora de operacións de Facebook, Sheryl Sandberg, examina o porqué da menor porcentaxe de mulleres que alcanzan a cima da sua profesión en comparación cos homes e ofrécenos tres consellos importantes para mulleres que pretenden chegar a postos directivos.
As the COO at the helm of Facebook, Sheryl Sandberg juggles the tasks of monetizing the world’s largest social networking site while keeping its users happy and engaged. Full bio »
Translated into Galician by Jose Camean
Reviewed by Adrián Levices Casal
Comments? Please email the translators above.
08:00 Posted: Feb 2009
Views 682,479 | Comments 101
Just follow the guidelines outlined under our Creative Commons license.
This comment will be attributed to . Not ? Sign Out.