A miña viaxe de conversión en especialista polar, fotografando e especializándome nas rexións polares, comezou cando tiña 4 anos, ó mudarse a miña familia dende o sur de Canadá ó norte da illa de Baffin, preto de Groenlandia. Alí viviamos cos Inuit (esquimais). Na diminuta comunidade Inuit, formada por 200 persoas, eramos unha das tres familias non Inuit. E nesta comunidade non tiñamos televisión; non tiñamos ordenadores, obviamente, nin radio. Nin sequera tiñamos teléfono. Pasaba todo o tempo fóra, xogando cos Inuit. A neve e o xeo eran o meu campo de xogos e os Inuit eran os meus mestres. E alí foi onde me obsesionei seriamente con este reino polar. E sabía que algún día faría algo relacionado coa difusión de novas sobre el e coa súa protección.
Gustaríame ensinarlles, son só dous minutos, algunas imaxes, unha mostra do meu traballo, coa fermosa canción de Brandi Carlile, "Have You Ever" ("¿Algunha vez…?"). Non sei por que National Geographic quixo facer isto, nunca o fixeron, pero permitíronme amosarlles algunas imaxes dunha reportaxe que acabo de rematar e aínda non foi publicada. National Geographic non adoita facer isto, polo que estou moi ilusionado por poder amosarllas.
Estas imaxes son… poderán velas ó principio da presentación, son só catro imaxes, corresponden a un oso que vive no Bosque Húmido do Gran Oso. É totalmente branco pero non é un oso polar. É un oso espírito, ou oso Kermode. Só quedan 200 osos Kermode. Son máis escasos que o oso panda.
Senteime onda o río durante dous meses sen ver ningún. Pensei que a miña carreira estaba acabada. Propuxéralle aquela estúpida historia a National Geographic. ¿En que raios estaba a pensar? Así que pasei dous meses alí sentado e pensando qué facer na miña próxima vida despois da de fotógrafo, porque me botarían. Porque National Geographic é unha revista; lémbrannolo continuamente: publican imaxes, non escusas.
E tras dous meses alí sentado… un día, pensando que todo rematara, apareceu un incrible gran macho branco, xusto ó meu lado, a un metro de distancia, baixou, colleu un peixe, meteuse no bosque e comeuno. Pasei todo o día vivindo o soño da miña infancia de percorre-lo bosque con este oso. El atravesou este bosque antigo, tumbouse onda unha árbore de 400 anos, culturalmente modificada, e durmiu. E eu puiden durmir a un metro de distancia del, en pleno bosque, e fotografalo.
Por eso estou moi ilusionado de poder amosarlles estas imaxes e unha mostra do meu traballo nas rexións polares. Espero que lles guste.
Brandi Carlile: ¿Algunha vez camiñaches en soidade polos bosques? ♫ ♫ Todo alí séntese como debería ser ♫ ♫ Alí formas parte da vida ♫ ♫ Eres parte de algo bo ♫ ♫ Se alguna vez camiñaches en soidade polos bosques ♫ ♫ Ooh, ooh, ooh, ooh ♫ ♫ Se alguna vez camiñaches en soidade polos bosques ♫ ♫ ¿Algunha vez contemplaches un ceo estrelado? ♫ ♫ Tumbado de costas, pregúntaste por qué ♫ ♫ ¿Cal é o propósito? ♫ ♫ Pregúntome, ¿quen son? ♫ ♫ Se algunha vez contemplaches un ceo estrelado ♫ ♫ Ooh, ooh, ooh, ooh ♫ ♫ Aah, ah, aah ♫ ♫ Ah, oh, oh, ah, ah, oh, oh ♫ ♫ ¿Algunha vez contemplaches un ceo estrelado? ♫ ♫ ¿Algunha vez camiñaches pola neve? ♫ ♫ Querendo volver ó inicio ♫ ♫ Sempre terminas ♫ ♫ Sen saber a ónde ir ♫ ♫ Se algunha vez camiñaches pola neve ♫ ♫ Ooh, ooh, ooh, ooh ♫ ♫ Aah, ah, aah, ah, aah ♫ ♫ Ah, ah, oh, ah, ah, oh, ah ♫ ♫ Oh, ah, ah, ah ♫ ♫ Ah, ah, oh, ah, ah, oh, oh ♫ ♫ Se algunha vez saíches a camiñar, deberías sabelo ♫
Paul Nicklen: Moitas gracias. O espectáculo aínda non rematou. O meu reloxo segue a soar. Está ben, paremos. Moitas gracias. Agradézollo.
Continuamente asolágannos con novas sobre a desaparición de xeo mariño, que está ó seu nivel máis baixo. E de feito, os científicos que ó principio dixeron que o xeo desaparecería nos próximos 100 anos, despois dixeron 50 anos. Agora din que a extensión do xeo do Ártico durante o verán desaparecerá en 4 ou 10 anos. ¿Que significa isto? Despois dun tempo véndoo nos informativos, convértese nunha simple noticia. Insensibilizámonos. O que procuro facer co meu traballo é poñerlle imaxes a isto. Quero que a xente comprenda e sexa consciente de que, se perdemos o xeo, perdemos un ecosistema enteiro. As previsións calculan que os osos polares poderían extinguirse nos próximos 50 ou 100 anos.
E non hai mellor mega-especie, máis sensual, fermosa e carismática coa que sustentar a miña campaña. Os osos polares son cazadores incribles. Este é un oso co que me sentei por un momento á beira do mar. Non había xeo arredor, só un glaciar afundido na auga e unha foca enriba del. O oso nadou ata chegar onda ela (unha foca barbuda de 360 kg), colleuna, tróuxoa de volta e comeuna. E estaba tan farto, tan ledo e gordo comendo a foca que, segundo me achegaba a el (a uns seis metros de distancia) para tomar esta fotografía, a súa única defensa era seguir comendo máis foca. Tiña tal enchenta (con, probablemente, uns 90 kg de carne no seu estómago) que, mentres comía por un lado da boca, vomitaba polo outro.
Así que mentres estes osos teñan algún xeo sobrevivirán, pero o xeo está a desaparecer. Atopamos cada vez máis e máis osos mortos no Ártico. Cando me adicaba ós osos polares como biólogo, fai 20 anos, nunca atopamos osos mortos. E nos últimos catro ou cinco anos, atopamos osos mortos por todas partes. Vémolos no mar de Beaufort, aboiando en mar aberto onde o xeo se derreteu. Atopei un par deles en Noruega o ano pasado. Vémolos no xeo. Estes osos amosan sinais do estrés que lles supón a desaparición do xeo.
Aquí temos a unha nai e a súa cría de dous anos. Viaxabamos nun barco a 160 km mar adentro, en medio de ninguna parte, e eles estaban sobre este gran anaco de xeo glacial, o que é unha sorte para eles; aquí están seguros: non morrerán de hipotermia, chegarán a terra. Pero desafortunadamente, o 95% dos glaciares no Ártico estanse a retirar ata o punto onde o xeo remata na terra sen introducir xeo de novo no ecosistema.
Estas focas oceladas son as "larpeiradas" do Ártico. Estas pequenas bolas de masa, paquetes de 70 kg de graxa, son o alimento básico do oso polar. E non son como as focas de porto que hai aquí. Estas focas oceladas tamén teñen un ciclo vital enteiramente asociado ó xeo mariño. Paren no seu interior e aliméntanse co bacallao do Ártico que vive baixo el. Aquí temos unha imaxe de xeo enfermo. É un fragmento de 12 anos de antigüidade con varios estratos. O que os científicos non prediciron foi que, segundo este xeo se derrete, fórmanse esas grandes bolsas de auga negra que recollen a enerxía solar o que acelera a fusión.
Aquí estámonos a mergullar no mar de Beaufort. A visibilidade é de 180 m; temos os cables de seguridade; o xeo móvese por todas partes. Gustaríame ter media hora para contarlles cómo case morremos nesta inmersión. Pero o realmente importante desta imaxe é ese fragmento de xeo multiestrato, ese gran anaco da esquina superior. Nese único anaco de xeo hai 300 especies de microorganismos. Na primavera, cando o sol retorna ó xeo, o fitoplancton crece baixo ese xeo, forma maiores follas de algas e o zooplancton aliméntase de toda esa vida. Así que o xeo en realidade actúa como unha horta. Como a terra dunha horta. É unha horta ó revés. Perder ese xeo é como perder o solo dunha horta.
Aquí estou na miña oficina. Espero que vostedes valoren a súa. Está tomada tras unha hora baixo o xeo. Non sinto os beizos; teño cara conxelada; non sinto as mans; non sinto os pés. Subín e todo o que quería era saír da agua. Despois dunha hora nesas condicións tan extremas, cando baixo, casi en cada inmersión vomito no meu regulador, porque o meu corpo non poder aturar o estrés do frío na miña cabeza. Así que síntome feliz cando a inmersión remata. Pásolle a cámara ó meu axudante, míroo e dígolle "woo, woo, woo", que significa, "colle a cámara". E el cre que estou dicindo "faime unha foto". Tivemos un pequeno problema de comunicación. (Risas) Pero paga a pena.
Verán hoxe imaxes de belugas, baleas de Groenlandia, narvais, osos polares e focas leopardo, pero esta imaxe ten maior significado para min que calquera outra que fixera nunca. Mergulleime nese burato do xeo, o burato que viron fai un momento, mirei cara arriba baixo o xeo e mareeime; pensei que estaba a sufrir vertixe. Puxénme moi nervioso (non tiña cable de seguridade, o mundo enteiro daba voltas arredor de min) e pensei "teño problemas". Pero o que pasaba era que a parte inferior do xeo estaba repleta de miles de millóns de anfípodos e copépodos movéndose dun lado ó outro e alimentándose na parte inferior, nacendo e vivindo alí todo o seu ciclo vital. Estes son os alicerces de toda a cadea trófica do Ártico, aquí a temos. Cando o xeo se reduce, a productividade dos copépodos tamén descende.
Aquí temos unha balea de Groenlandia. Segundo a ciencia, podería ser o animal máis antigo da Terra. Este exemplar daquí podería ter máis de 250 anos. Esta balea puido nacer a comezos da Revolución Industrial. Quizais sobreviviu a 150 anos de caza de baleas. Hoxe, a súa maior ameaza é a desaparición do xeo no norte causada polo tipo de vida que vivimos no sur.
Narvais, estes maxestosos narvais, cos seus cairos de marfil de 2,5 m, non terían que estar aquí; poderían estar en mar aberto Pero vense obrigados a meterse nestes diminutos buratos no xeo onde poden respirar, tomar un respiro, porque baixo este xeo hai bancos de bacallao. E o bacallao está aí porque se alimenta cos copépodos e anfípodos.
Ben, a miña parte favorita. No meu leito de morte lembrarei unha historia máis que ningunha outra. Aínda que o momento co oso Kermode foi impactante, creo que non volverei a ter outra experiencia semellante á que vivín cunhas focas leopardo. Dende os tempos de Shacketon, as focas leopardo teñen una sona moi mala. Teñen ese sorriso irónico na boca, eses sinistros ollos negros e esas manchas polo corpo. Teñen un aspecto decididamente prehistórico e dan algo de medo. E traxicamente, en 2004 [2003], unha científica foi capturada e afogada por unha foca leopardo, que se alimentou con ela. E a xente dixo: "Sabiamos que eran sanguinarias. Sabiámolo". Á xente encántalle opinar. Entón ocorréuseme unha idea para unha historia: quero ir á Antártida, meterme na auga co maior número posible de focas leopardo e darlles unha oportunidade: descubrir se son animais sanguinarios ou, pola contra, incomprendidos. Esta é esa historia. Ah, e tamén adoitan comer pingüíns.
Como humanos, gústanos decir que os pingüíns son moi feitiños, por iso, se as focas leopardo os comen, as focas leopardo son feas e malas. Pero non funciona así. O pingüín non sabe que é feitiño e a foca leopardo non sabe que é grande e monstrosa. Só se trata da cadea alimentaria en acción. Tamén son grandes. Non son como as foquiñas dos portos. Miden 3,5 m e pesan case media tonelada. E tamén son curiosamente agresivas. Temos 12 turistas empacados nunha Zodiac, aboiando nas augas xeadas, unha foca leopardo emerxe e morde o pneumático. O bote comenza a afundirse, volven correndo ó barco, regresan a casa e contan a historia de cómo foron atacados. O único que facía a foca leopardo… era morder un globo. Soamente ve un gran globo no océano… non ten mans… dalle unha dentadiña, o bote pínchase e alá van.
Así que tras cinco días cruzando a Pasaxe de Drake… ¿Non é fermoso? Tras cinco días cruzando a Pasaxe de Drake, por fin chegamos á Antártida. Estou co meu axudante e guía sueco. O seu nome é Goran Ehlme, de Suecia. Goran. E ten moita experiencia coas focas leopardo. Eu nunca vin ningunha. Así que chegamos á baía na nosa pequena Zodiac e atopamos esta monstrosa foca leopardo. E incluso él di, "éche unha foca condeadamente grande, si". (Risas) E esta foca ten ó pingüín collido pola cabeza e abanéao dun lado ó outro. O que quere facer é darlle á volta ó pingüín para poder comer a carne dos ósos, despois déixao e colle outro.
E esta foca leopardo colleu outro pingüín, foise baixo o bote, a Zodiac, e empezou a golpear o casco. Nós intentábamos non caer á auga. Sentámonos e Goran dixo, "esta é unha boa foca, si. É hora de que te metas na auga". (Risas) Mirei a Goran e díxenlle "olvídao". Aínda que creo que en realidade lle dixen unha grosería. Pero tiña razón. Abroncoume e dixo "estás aquí por isto. E propuxécheslle esta estúpida historia a National Geographic. Agora tes que entregala. E non podes publicar escusas".
Tiña a boca seca, quizais non tanto como agora, pero tiña a boca moi, moi seca. Tremíanme as pernas. Non podía sentilas. Puxen as aletas. Apenas podía abri-los beizos. Metinme o tubo de respiración na boca e mergulleime na auga. E esto foi o primeiro que ela fixo. Veu a toda velocidade e tragou a cámara (e os seus dentes están aquí abaixo e aquí arriba), pero Goran, antes de ir á auga, dérame un consello fantástico. Dixera, "se tes medo, pecha os ollos e ela marchará".
Así que iso era todo o que tiña que facer. Pero empecei a tomar estas fotos. Ela manteu a exhibición ameazante durante algún minutos e entón ocorreu algo asombroso: relaxouse por completo. Foise e colleu un pingüín. Detívose como a uns tres metros de distancia, sentouse co pingüín mentres este batía as ás e deixouno ir. O pingüín nadou cara a min, libre. Colleu outro. E fixo isto unha e outra vez. Deime conta de que quería alimentarme cun pingüín. ¿Por que outro motivo podería estar botándomos senón? E tras facer isto catro ou cinco veces, nadou cara a min cunha mirada de desalento. Non queremos ser moi antropomórficos, pero xuro que parecía dicir "este depredador inútil vai morrer de fame no meu océano".
Como vía que eu non podía coller pingüíns en movemento, colleu outros e tróuxomos lentamente, abaneándoos así e soltándoos. Isto tampouco funcionou. Eu ría a gargalladas, tan emocionado que a miña máscara estaba mollada, porque choraba baixo a auga ante algo tan abraiante. Así que isto tampouco funcionaba. Entón colleu outro pingüín e intentouno cun baile sensual, esvarando así baixo o iceberg. Achegábamos e ofrecíamos. Esto continuou así durante catro días. Non foron só un par de veces. Logo viu que eu non podería colle-los pingüíns vivos, así que tróuxomos mortos. (Risas) Agora tiña 4 ou 5 pingüíns aboiando arredor da miña cabeza e eu limitábame a estar alí botando fotos. Ela detíase a miúdo con esa mirada de desalento, como dicindo "¿Vai en serio?". Porque non podía crer que eu non puidera comelos. Porque no seu mundo só te apareas e comes… e eu non me estaba a aparear.
Iso non foi todo; comezou a botarme os pingüín á cabeza. Quería alimentarme pola forza. Presionábame. Tentaba alimentar a miña cámara pola forza, o soño de todo fotógrafo. Defraudada, botábame burbullas á cara. Penso que quería facerme saber que ía morrer de fame. Pero aínda así non se detía. Non deixaba de intentar alimentarme con pingüíns.
E durante o último día con esta femia, cando pensei que a levara demasiado lonxe, púxenme nervioso porque se achegou a min, púxose de costas e fixo un son profundo, gutural, como de martillo neumático, gokgokgokgok. E pensei, está a punto de trabarme. Vaime facer saber que está moi frustrada pola miña culpa. O que ocorrera era que outra foca se metera detrás de min e ela facía aquilo como ameaza. Perseguiu á gran foca ata que se foi, voltou, colleu un pingüín e tróuxomo.
Non foi a única foca coa que estiven na auga. Estiven con outras 30 focas leopardo e nunca tiven un encontro perigoso. Son os animais máis notables cos que traballei, tamén os osos polares. E, como os osos polares, dependen dos glaciares. Emociónome. Desculpen.
É unha historia que levo no corazón e estou orgulloso de compartila con vostedes. Apaixóame. ¿Alguén quere vir comigo á Antártida ou ó Ártico? Lévoos, vamos. Agora temos que espallar a historia. Moitas gracias.
You can share this video by copying this HTML to your clipboard and pasting into your blog or web page. This video will play with subtitles.
You either have JavaScript turned off or have an old version of the Adobe Flash Player. To view this rating widget you
need to get the latest Flash player.
If your browser allows only "trusted sites" to execute Javascript, you should add the "googleapis.com" domain to your whitelist to allow our Flash detection to work properly.
Got an idea, question, or debate inspired by this talk? Start a TED Conversation.
Mergullándose baixo o xeo antártico para achegarse á temible foca leopardo (ou leopardo mariño), o fotógrafo Paul Nicklen atopou unha nova e extraordinaria amiga. Comparte a súas graciosas e apaixoadas historias do país polar das marabillas, ilustradas con prodixiosas imaxes de animais que viven sobre e baixo o xeo.
Paul Nicklen photographs the creatures of the Arctic and Antarctic, generating global awareness about wildlife in these isolated and endangered environments. Full bio »
Translated into Galician by Vanessa Pombo
Reviewed by Juan Marcos Perez Gulin
Comments? Please email the translators above.
16:17 Posted: Apr 2007
Views 557,904 | Comments 124
14:53 Posted: Aug 2008
Views 607,330 | Comments 62
25:07 Posted: Jul 2008
Views 1,210,825 | Comments 181
Just follow the guidelines outlined under our Creative Commons license.
This comment will be attributed to . Not ? Sign Out.