Eu son un ecólogo, sobre todo, un ecólogo de arrecifes de coral. Comecei na Bahia de Chesapeake a mergullar no inverno e de repente torneime un ecólogo tropical. E foi moi divertido durante uns 10 anos. É dicir, alguén te paga para viaxar polo mundo e ver algúns dos lugares máis fermosos do planeta. E iso foi o que fixen eu.
Acabei en Xamaica, nas Antillas, onde os arrecifes de coral estaban entre as estruturas máis extraordinarias que nunca vin na miña vida. Esta foto é moi interesante e amósanos dúas cousas. A primeira é en branco e negro porque a auga era tan clara que podías ver tan lonxe. Ademais, os carretes eran tan lentos nos anos 60 e principios dos 70, que se facían as fotos en branco e negro. A outra cousa que mostra é que aínda que haxa ese fermoso bosque de coral, non hai peixes na foto.
Estes corais en Discovery Bay en Xamaica foron os máis estudados do mundo durante uns 20 anos. Éramos os mellores e máis brillantes. Viu xente da Australia para estudar os nosos arrecifes, o que non deixa de ser gracioso porque agora nós imos aos deles. A opinión dos científicos de como funcionan os arrecifes de coral baseouse nestes arrecifes sen ningún peixe. Entón, en 1980, houbo un furacán, o furacán Allen. Coloquei a metade do laboratorio na miña casa. O vento foi moi forte. As ondas eran de 8 metros a 16 metros de altura. Os arrecifes desapareceron e formáronse novas illas. E pensamos, "Somos moi listos. Sabemos que os furacáns aconteceron de sempre no pasado". Publicamos un artigo na revista Science, a primeira vez que alguén describía a destrución dun arrecife de coral por un gran furacán. Predecimos o que ía acontecer. E fixémolo todo mal. O motivo foi a sobrepesca e o feito de que o último herbívoro, un ourizo de mar, morreu. Uns poucos meses despois da morte dos ourizos, as algas comezaron a medrar. Este é o mesmo arrecife. Este é o mesmo arrecife de hai 15 anos. Este é o mesmo arrecife hoxe. Os arrecifes do norte de Xamaica teñen unha pequena porcentaxe de coral vivo e moitas algas e lama. Esta é máis ou menos a historia dos arrecifes de coral no Caribe, e cada vez máis, traxicamente, dos arrecifes de todo o mundo.
Agora, esa é a miña pequena historia depresiva. Todos nós temos historias tristes parecidas aos dos anos 60 e 70. Hai decenas de miles destas historias. E é realmente difícil imaxinar que todo acabará ben, porque vai a peor. A razón de que se agrave, é que, despois dun desastre natural como un furacán, adoitaba acontecer algún tipo de sucesión secuencial de recuperación. O que sucede agora é que a sobrepesca, a contaminación e o cambio climático están a interactuar de xeito que evitan que iso aconteza. Entón, dalgunha maneira, vou falar sobre estes tres tipos de cousas.
Escoitouse falar moito sobre o colapso do bacallau. É difícil imaxinar que dúas, ou algúns historiadores dirían tres, guerras mundiais, que tiveron lugar durante a era colonial, foron polo control do bacallau. O bacallau alimentou á maioría dos pobos de Europa Occidental e aos escravos traídos para as Antillas. A canción "Jamaica Farewell"-- "Arroz e peixe salgado son bos" -- é un emblema da importancia do bacallau salgado do nordeste do Canadá. Todo foi abaixo nas décadas dos 80 e 90. Unhas 35.000 persoas perderon o emprego. Ese foi o principio dun deterioro en serie, que vai de especies grandes e saborosas, a especies máis pequenas e non tan saborosas, de especies que se pescaban perto de casa, a especies espalladas por todo o mundo, e as tes ao teu alcance. É un pouco difícil entender todo isto, porque podes ir a Costco nos E.E.U.U. e mercar peixe barato. Tes que ler o rótulo para saber de onde ven, mais aínda é barato, e todo o mundo pensa que está ben.
É difícil transmitir isto. Así, un xeito que eu creo que é interesante, é falar da pesca deportiva, porque á xente gústalle saír e coller peixe. É unha desas cousas. Esta foto mostra o peixe premiado, o maior peixe capturado por xente que paga moito diñeiro para embarcar nunha lancha, ir a un lugar de Caio Oeste, na Florida, beber moita cervexa, largar moitas liñas e anzois na auga, e retornar cos mellores e maiores peixes, e os peixes campións son colocados neste panel, onde lles fan fotos, e obviamente este tipo está moi satisfeito con ese peixe. Ben, agora iso é así, pero na década de 1950 xa era así: o mesmo barco no mesmo lugar, no mesmo panel do mesmo peirao. Os peixes campións eran tan grandes que non podían poñer ningún deses peixes pequenos nel. Eses peixes pesaban de media 100-150 kg, eran meros. Se alguén quería saír e matar algo, case podería estar seguro de que ía pescar un daqueles peixes. Estaban deliciosos. A xente pagaba menos, en dólares de 1950, por pescalos do que pagan agora por pescar peixiños pequenos. E iso pasa en todas partes.
Non son os peixes que están desaparecendo. A pesca industrial utiliza cousas grandes, maquinaria grande. Redes de 40 km de extensión. Palangres ("o pincho") que teñen un millón ou dous de anzois. E o arrastre, que significa coller algo do tamaño dun camión con remolque que pesa miles e miles de quilos, colgalo nunha gran cadea e arrastralo polo fondo mariño para axitar o fondo e capturar o peixe. Pensade niso como unha escavadora demolendo unha cidade ou arrasando un bosque, porque o elimina todo. E a destrución do hábitat é incrible. Esta é a fotografía, unha foto típica do aspecto que teñen as plataformas continentais do mundo. Pódense ver os regos no fondo, do mesmo xeito que se poden ver os regos nun campo arado recentemente para sementar millo. Isto era antes un bosque de esponxas e coral, que é un hábitat crítico para o desenvolvemento dos peixes. Agora é lama. A área do fondo do océano que se transformou desde o bosque ata o nivel da lama, como un estacionamento, é equivalente a toda a área de todos os bosques que algunha vez foron cortados en toda a terra na historia da humanidade. E logramos facelo nos últimos 100 ou 150 anos.
Tendemos a pensar nos derrames de petróleo e no mercurio, e fálase moito do plástico nestes días. Todo este material é realmente noxento, pero o que é realmente insidioso é a contaminación biolóxica que ocorre debido á magnitude dos cambios que provoca a ecosistemas enteiros. Só vou falar brevemente sobre dous tipos de contaminación biolóxica. Un deles son as especies introducidas, e o outro é o que vén dos nutrientes. Entón esta é a infame Caulerpa taxifolia, a chamada alga asesina. Escribiron un libro sobre ela. É un pouco embarazoso. Liberáronna accidentalmente do acuario, en Mónaco. Foi criada para ser tolerante ao frío, para tela nos acuarios. É moi bonita e axiña empezou a encher de maleza a, en tempos moi rica, biodiversidade do Mediterráneo noroccidental. Non sei cantos se lembran da película "A Pequena Tenda dos Horrores", pero esta é a planta que aparecía na película. Mais, no canto de devorar á xente na tenda, o que está a facer é encher de maleza e sufocar practicamente toda a vida do fondo de toda a rexión noroeste do Mar Mediterráneo. Non sabemos de ninguén que a coma. Estamos a tentar facer todo tipo de xenética e pensar nalgunha solución. Pero, tal como está, é o monstro do inferno sobre o que ninguén sabe o que facer.
Agora outra forma de contaminación é a contaminación biolóxica: é o que pasa co exceso de nutrientes. A revolución verde, os fertilizantes artificiais de nitróxeno, usamos demasiado diso. Están subvencionados, unha das razóns do uso excesivo. Percorren os ríos e alimentan o plancto, as pequenas células vexetais microscópicas nas augas costeiras. Pero desde que comemos todas as ostras e comemos os peixes que comerían o plancto, non hai ninguén que coma o plancto. E hai máis e máis, así que morre de vello, algo que é inaudito para o plancto. E cando morre, cae ao fondo e entón apodrece, o que significa que as bacterias o descompoñen. E nese proceso empregan todo o osíxeno. E ao consumir todo o osíxeno, fan o ambiente totalmente letal para calquera cousa que non pode escapar nadando. Así acabamos tendo un zoolóxico microbiano, dominado por bacterias e medusas, como se ve á esquerda diante de vostedes. A única pesca que queda é a comercial, a pesca de medusas que se ve á dereita, onde adoitaba haber gambas. Mesmo na Terranova, onde adoitabamos capturar bacallau, agora temos pesca de medusas.
Outra versión deste tipo de cousas é o que se chama a miúdo mareas vermellas ou floracións tóxicas. Esa foto é sorprendente para min. Falei sobre iso millóns de veces, pero é incrible. Na esquina superior dereita da imaxe da esquerda é case o Delta do Mississippi, e a parte inferior esquerda da imaxe é a fronteira de Texas con México. Pódese ver todo o noroeste do Golfo de México. Pódese ver unha floración de dinoflaxelados tóxicos que poden matar peixes, feita pola bonita e pequena criatura no ángulo inferior dereito. E na esquina superior dereita vese este tipo de nube negra que se move cara á costa. Esa é a mesma especie. A medida que se vai achegando á costa e o vento sopra, e pequenas gotiñas de auga entran no aire, as urxencias de todos os hospitais énchense de xente con insuficiencia respiratoria aguda. Son casas de xubilados na costa oeste da Florida. Un amigo e eu fixemos isto en Hollywood, chamámoslle noite do océano de Hollywood. Eu estaba tentando pensar como explicar aos actores o que está a suceder. E dixen: "Entón, imaxinen que están nunha película chamada 'Fuxindo de Malibú", porque todas as persoas bonitas mudáronse a Dakota do Norte, onde está limpo e seguro. E as únicas persoas que están alí son as persoas que non se poden permitir afastarse da costa, porque a costa, no canto de ser un paraíso, é prexudicial para a saúde."
E logo isto é incrible. Foi cando estaba de vacacións a principios do outono pasado, en Francia. Esta é da costa da Bretaña, que está a ser envolvida neste lodo verde de algas. O motivo que atraeu tanta atención, ademais do feito de que é repugnante, é que as aves mariñas que a sobrevoan son asfixiadas polo cheiro e morren. Tamén morreu un labrego, imaxinade o escándalo que causou. E por todo iso hai esta guerra entre labregos e mariñeiros. O resultado é que téñense que limpar as praias da Bretaña para quitar este material con maquinaria e regularmente.
E logo, naturalmente, está o cambio climático, e todos sabemos do cambio climático. Coido que a súa figura emblemática é a fusión do xeo no Mar Ártico. Pensemos nos miles e miles de persoas que morreron tentando atopar o Paso do Noroeste. Ben, o Noroeste xa está aí. Paréceme gracioso, está na costa de Siberia. Quizais os rusos van cobrar peaxes. Os gobernos do mundo están tomando isto mesmo en serio. Os militares das nacións do Ártico o están tomando mesmo en serio. Para todos os que negan o cambio climático direi que os líderes de goberno, a CIA e as Mariñas de Noruega, E.E.U.U. e Canadá, nembargantes, están ocupados pensando en como van protexer o seu territorio, ante o que é inevitable, dende o seu punto de vista. E, claro, as comunidades árticas están perdidas.
O outro tipo de efectos do cambio climático este é o branqueamento do coral. É unha fermosa foto, Todos eses son corais brancos. Só que se supón que deben ser marróns. O que acontece é que os corais son unha simbiose e teñen estas pequenas células de algas que viven dentro deles. As algas dan azucre aos corais e os corais dan ás algas nutrientes e protección. Mais cando vai máis calor, as algas non poden producir o azucre. Os corais din: "Estafáchesme. Non pagaches o aluguer". As expulsan, e entón elas morren. Non todas morren, algunhas sobreviven. Algunhas están sobrevivindo, mais é realmente unha mala noticia. Para tentar entendelo, imaxinade que vai a un campamento en xullo nalgún lugar en Europa ou América do Norte, e espertades pola mañá, mirades ao voso redor e vedes que ao 80 por cento das árbores, na medida do que podedes ver, caéronlle as follas e están espidos. Volvedes á casa e descubrides que ao 80 por cento de todas as árbores de América do Norte e Europa caéronlle as follas. Unhas semanas máis tarde, ledes no xornal oh, a propósito, un cuarto deles morreu. Ben, foi iso que pasou no Océano Índico durante "El Niño" de 1998, nunha superficie moito maior que o tamaño de América do Norte e Europa, cando o 80 por cento de todos os corais branquearon e un cuarto deles morreron.
O realmente aterrador de todo isto, da sobrepesca, a contaminación e o cambio climático, é que cada cousa non acontece nun baleiro, senón que hai o que chamamos retroalimentación positiva. As sinerxias entre eles fan o todo moito maior que a suma das partes. O grande reto científico para persoas coma min, pensando en todo isto, é : saberemos recompoñer o ovo a partir dos pedazos? Quero dicir, porque nós, neste momento, podemos protexelo. Mais que significa iso? Realmente non o sabemos.
Entón, como van ser os océanos en 20 ou 50 anos? Ben, non haberá ningún peixe excepto peixiños, e a auga estará moi porca, e todo ese tipo de cousas, e cheo de mercurio... As zonas mortas medrarán máis e máis e empezarán a fusionarse. Podemos imaxinar algo como a zona morta costeira do océano global. Entón non ides querer comer os peixes nacidos nela, porque sería unha especie de ruleta rusa gastronómica. Ás veces tes unha floración tóxica, ás veces non. Iso non vende.
O realmente aterrador, porén, son as cousas físicas, químicas e oceanográficas que están acontecendo. A medida que a superficie do océano quéntase cada vez máis e a auga é máis lixeira canto máis quente, faise cada vez máis difícil mesturar a auga do océano. É dicir, faise máis fortemente estratificado. A consecuencia diso é que o fluxo de todos eses nutrientes que alimentan a gran pesquería da anchoveta e da sardiña de California, ou do Perú, ou onde queira que sexa, desacelera, e as pesquerías se colapsan. E, ao mesmo tempo, a auga da superficie, que é rica en osíxeno, non baixa, e o océano se transforma nun deserto.
Entón a pregunta é: Como é que todos nós imos responder a iso? Podemos facer todo tipo de cousas para corrixilo, mais na análise final, o único que realmente precisamos corrixir é a nós mesmos. Non se trata do peixe, non se trata da contaminación, non se trata do cambio climático. Trátase de nós, da nosa avaricia, da nosa necesidade de crecemento e a nosa incapacidade de imaxinar un mundo diferente do mundo egoísta no que vivimos hoxe. Entón a pregunta é: Imos responder a iso ou non? Eu diría que o futuro da vida e da dignidade dos seres humanos depende do que fagamos.
You can share this video by copying this HTML to your clipboard and pasting into your blog or web page. This video will play with subtitles.
You either have JavaScript turned off or have an old version of the Adobe Flash Player. To view this rating widget you
need to get the latest Flash player.
If your browser allows only "trusted sites" to execute Javascript, you should add the "googleapis.com" domain to your whitelist to allow our Flash detection to work properly.
Got an idea, question, or debate inspired by this talk? Start a TED Conversation.
Nesta charla o ecólogo de arrecifes de coral Jeremy Jackson, establece o estado de choque actual do océano: sobrepesca, aquecemento, polución, con indicadores de que as cousas van ir moito peor. Abraiantes fotos e estatísticas.
A leader in the study of the ecology and evolution of marine organisms, Jeremy Jackson is known for his deep understanding of geological time. Full bio »
Translated into Galician by Manuel Meixide
Reviewed by Nuria Cobelo Cal
Comments? Please email the translators above.
18:12 Posted: Feb 2012
Views 530,568 | Comments 131
17:19 Posted: Apr 2010
Views 314,126 | Comments 73
18:19 Posted: May 2008
Views 464,242 | Comments 96
Just follow the guidelines outlined under our Creative Commons license.
This comment will be attributed to . Not ? Sign Out.