¿Podo dicir o encantado que estou de estar alonxado da calma de Westminster e Whitehall?
Esta é Kim, unha nena vietnamita de nove anos coas costas queimadas polo Napalm ela espertou a conciencia da nación americana pra comenzar o fin da Guerra do Vietnam Esta é Birhan, que foi a nena etíope que lanzou a campaña Live Aid nos oitenta a 15 minutos de morrer cando foi rescatada e esta foto do seu rescate circulou por todo o mundo Esta é a praza de Tiananmen un home diante dun tanque converteuse nunha foto que voltouse nun símbolo da resistencia pra todo o mundo A seguinte é unha nena sudanesa uns intres antes de morrer e no fondo agardando un voitre unha foto que percorreu o mundo e levou á xente a actuar contra a pobreza Esta é Neda, a nena iraniana que morreu dun disparo nunha manifestación co seu pai no Irán, hai unhas semanas e hoxe é, xustamente, o foco de atención da xeración YouTube
¿Qué teñen todas estas fotos e eventos en común? o que teñen en común é o que vemos revélanos o que non podemos ver O que vemos revélanos os lazos invisibles e ligazóns de simpatía que nos unen pra convertírmonos nunha comunidade humana O que estas fotos amosan é que sentimos a dor dos outros inda que estean lonxe O que penso que estas fotos amosan é que cremos nalgo máis grande ca nós mesmos O que estas fotos amosan é que hai un sentido moral en tódalas relixións, en tódalas fes, en tódolos continentes -- un sentido moral de que compartimos non só a dor dos outros e cremos nalgo máis grande ca nós mesmos senón que temos a obriga de actuar cando vemos cousas que son incorrectas e necesitan ser endereitadas vemos danos que teñen que ser corrixidos vemos problemas que teñen que ser rectificados
Hai unha historia sobre Olof Palme, o Primeiro ministro sueco cando foi ver a Ronald Reagan a America nos oitenta Antes de que él chegara Ronald Reagan dixo -- e él era o Primeiro ministro sueco "¿Non é este home un comunista?" A resposta foi: "Non, Señor Presidente, él é un anti-comunista." E Ronald Reagan dixo: " Non me importa que clase de comunista sexa!" (Risas) Ronald Reagan preguntoulle a Olof Palme ó Primeiro ministro Social Demócrata Sueco "Ben ¿e vostede en que cree? ¿Quere abolir ós ricos?" Él Contestoulle "Non, eu quero abolir ós pobres" A nosa responsabilidade é permitir que todos teñan a oportunidade de desenvolver o seu potencial por completo©
Eu creo que existe un sentido moral e unha ética global que merece a atención da xente de calquera relixión, de calqueira fe e da xente sen fe. Pero eu creo que o que é diferente é que agora temos a capacidade de comunicarnos instantáneamente cruzando fronteiras por todo o mundo Temos agora a capacidade de atopar unha razón común con xente que nunca coñeceremos pero que coñeceremos a través do Internet e a través de tódolos medios modernos de comunicación que agora temos a capacidade de organizar e actuar colectivamente, xuntos pra afrontar os problemas ou as inxustizas que queiramos tratar, e eu creo que isto fai desta época un momento único na historia humana e é o comezo do que eu chamaría a creación dunha verdadeira sociedade global
Retornemos 200 anos atrás cando o comercio de escravos estaba baixo presión de William Wilberforce e todolos manifestantes. Protestaron por toda Gran Bretaña. Gañaronse a opinión pública por un largo periodo, pero levoulles 24 anos de campaña para alcanzar o éxito. ¿Qué terían feito coas fotos que poderían amosar se tivesen a súa disposición os medios modernos de comunicación pra gañarse os corazóns e as mentes da xente?
Ou vexan a Eglantyne Jebb, a muller que creou "Save the Children" hai 90 anos, Ela estaba tan arrepiada do que estaba a acontecer en Austria como consecuencia da Primeira Guerra Mundial e do que lle estaba acontecendo ós nenos que eran parte das familias derrotadas de Austria que en Gran Bretaña quixo actuar, pero tivo que ir de casa en casa, de folleto en folleto, pra acadar a atención do publico pra que acudira a unha concentración no teatro Royal Albert Hall e co tempo naceu "Save the Children", unha organización internacional que hoxe é totalmente recoñecida como unha das grandes institucións na nosa terra e no mundo. ¿Pero canto máis tería feito se tivese os medios modernos de comunicación a súa disposición pra xerar o sentimento no que as inxustizas que vía a xente puidesen ser afrontadas inmediatamente?
Agora vexamos o que sucedeu nos últimos dez anos Nas Filipinas no 2001, Presidente Estrada un millón de persoas enviáronse mensaxes de texto sobre a corrupción do rexime que co tempo caeu e foi chamado, por suposto, o "golpe do texto" Tamén teñen a Zimbawe, a primeira elección baixo Robert Mugabe, fai un ano, Debido a que a xente puido tomar fotos cos seus mobiles do que estaba acontecendo nos postos electorais, foi imposible que o primer ministro arranxara as eleccións na forma que quería facelo. Ou vexan Burma e os monxes que estiveron blogeando, un país onde ninguen sabía o que estaba a acontecer ata que os blogs dixéronlle ó mundo da represión existente, que estábanse a perder vidas e que a xente estaba sendo perseguida e de Aung San Suu Kyi que é unha das grandes encadeadas de concencia do mundo, que tiña que ser escoitada. Vexamos o Irán mesmo e o que a xente esta facendo agora, seguindo o que lle aconteceu a Neda, a xente que estan a evitar que os servizos de seguridade de Irán atopen as persoas que estan a bloguear fora de Irán, cambiando os seus enderezos a Teherán, Irán e facendo a vida difícil ós servizos de seguridade.
Polo tanto, vexamos do que é capaz a tecnoloxía moderna: O poder do noso sentido moral ligado co poder das comunicacións e da nosa capacidade de organizármonos internacionalmente
Iso, dende o meu punto de vista, danos a primeira oportunidade como comunidade de cambiar fundamentalmente o mundo A política exterior xa non pode ser a mesma de novo.Non pode ser xestionada polas elites; debe ser xestionada escoitando a opinión pública da xente que esta a bloguear que esta a se comunicar cos seus semellantes ó redor do mundo. Hai 200 anos o problema que tiñamos que resolver era a escravitude; Hai 150 anos,supoño que o problema principal dun país como o noso♪ era como cumprir co dereito á educación pra os nenos e a xente nova: hai 100 anos na maioría dos paises europeos, a presión era pra acadar o dereito ó voto hai 50 anos anos a presión era pra obter o dereito á seguridade social e ó benestar Nos últimos 50-60 anos vimos fascismo, antisemitismo, racismo, apartheid, discriminación de sexo, xénero e sexualidade; todos estes teñen estado baixo presión debido ás campañas da xente para cambialo mundo.
Hai un ano estiven con Nelson Mandela cando estivo en Londres, Estaba nun concerto ó que él asistía co motivo do seu aniversario e pra a xeración de novos recursos pra a súa fundación. Estaba sentado a carón de Nelson Mandela --tiña ese enorme privilexio -- cando Amy Winehouse achegouse ó estrado e Nelson Mandela estaba bastante abraiado da aparición da cantante e expliqueille nese momento quen era ela. Amy Winehouse dixo: "Nelson Mandela e mais eu temos moito en común. Meu esposo tamén pasou moito tempo na cadea" (Risas) Entón Nelson Mandela acudiu ó escenario e resumiu o reto que temos todos. Dixo que na súa vida escalara unha gran montaña, a montaña de retar e logo vencer a opresión racial e derrotar ó apartheid. Agregou que había por diante desafíos máis grandes, o desafío da pobreza, do cambio climático e dos retos globais que necesitan solucións globais e necesitan da creación dunha sociedade auténticamente global.
Somos a primeira xeración que está na posición de facelo, Combinar o poder dunha ética global co poder da nosa capacidade pra comunicarnos e organizármonos globalmente pra afrontar os retos actuais, moitos dos cales son de natureza global. O cambio climático non pode solucionarse nun país soamente senón que ten que ser solucionado por todo o mundo traballando xunto. Unha crisis financeira, tal como a vimos, non pode ser resolta polos Estados Unidos ou Europa soamente; necesita todo o mundo traballando en conxunto. Vexamos os problemas de seguridade e terrorismo e, igualmente, o problema dos dereitos humanos e o desenvolvemento: África soa non os pode solucionar; Estados Unidos ou Europa sós non os poden solucionar. Non podemos solucionar estes problemas a menos que traballemos xuntos.
Entón o gran proxecto da noxa xeración, paréceme, é construir por primeira vez dende unha ética global e a nosa capacidade global de comunicación e de organización conxunta, unha sociedade auténticamente global, construida sobre esa ética pero con institucións que poidan servir á sociedade global e fagan un futuro diferente. Hoxe temos, e somos a primeira xeración, o poder de facelo. Consideremos o cambio climático. Non é absolutamente escandaloso que teñamos unha situación na que sabemos que hai un problema de cambio climático na que todos sabemos tamén que isto significa que debemos dar máis recursos ós países máis pobres pra que lle fagan fronte, na que queremos crear un mercado do carbón global, pero non existe unha institución global na que a xente poida alcanzar un acordo para afrontar este problema? Unha das cousas que debe xurdir de Copenhague nos próximos meses é un acordo pra que haxa unha institución medioambiental global que sexa capaz de afrontar ós problemas de persuadir a todo o mundo de avanzar cunha axenda de cambio climático.
Unha das razóns polas que unha institución soa non é suficiente é que temos que persuadir á xente ó redor do mundo pra cambiar o seu comportamiento tamén, polo tanto necesítase unha ética global de xustiza e responsabilidade en todalas xeracións. Consideremos a crise financeira Se a xente dos paises máis pobres poden sufrir por unha crise que comeza en Nova york ou comeza no mercado dos créditos "subprime" nos Estados Unidos Se a xente pode atopar que ese producto "subprime" foi transferido entre as nacións moitas, moitas veces ata rematar nos bancos de Islandia ou no resto da Gran Bretaña e os aforros da xente común vense afectados por elo entón non se pode confiar nun sistema de supervisión nacional. Pra ter estabilidade, crecimento económico, traballos, así como estabilidade financeira a largo prazo, requírense institucións económicas globais que aseguren que o crecemento a soster sexa compartido e construido sobre o principio de que a prosperidade deste mundo é indivisible.
Polo tanto, outro reto pra nosa xeración é crear institucións globais que reflictan as nosas ideas de xustiza e responsabilidade e non as ideas que foron a base da última etapa do desenvolvemento financeiro durante estes anos recentes. Entón consideremos o desenvolvemento e as asociacións que necesitamos entre os nosos países e o resto do mundo, a parte máis pobre do mundo. Non temos as bases dunha asociación apropiada pra o futuro, e nembargantes, do desexo da xente dunha ética global e unha sociedade global se pode facer.
Falaba recentemente co Presidente de Serra Leona, Este é un país con seis millóns e medio de habitantes, pero só teñen 80 doutores, 200 enfermeiras e 120 parteiras. Non se pode comezar a construir un sistema de saude pra seis millóns de persoas con recursos tan limitados.
Ou consideren a nena que coñecín cando estiven en Tanzania, unha nena chamada Miriam; tiña 11 anos e os seus pais morreran os dous de SIDA, a súa nai e logo o seu pai Era unha orfa do SIDA que pasara por diferentes familias pra o seu cuidado. Ela mesma sufría do VIH, e padecía tuberculose. A coñecín nun campo, en farrapos, sen zapatos, cando a miras ós ollos, calquera nena de once anos está a esperar o futuro, pero había unha tristeza inalcanzable nos ollos desta nena que si eu puidese traducir ó resto o do mundo ese momento, Eu creo que todo o traballo que se fixera polo fondo global do VIH/SIDA veríase recompensado por xente disposta a facer donacións.
Debemos entón construir una relación axeitada entre os países máis ricos e os máis pobres basada no noso desexo de que poidan valerse por sí mesmos coa inversión que sexa necesaria na súa agricultura, de modo que África non sexa un importador neto de alimentos senón un exportador de alimentos.
Consideremos os problemas dos dereitos humanos e os problemas de seguridade en tantos países ó redor do mundo. Burma está encadeada, Zimbawe é unha traxedia humana, no Sudán miles de persoas morreron innecesariamente por guerras que poderíamos evitar. No Museo Infantil de Ruanda, hai unha fotografía dun neno de 10 anos e o Museo Infantil conmemora as vidas que se perderon no xenocidio de Ruanda no que morreron un millón de persoas.
Hai unha fotografía dun neno chamado David, ó carón da fotografía hai información da súa vida, que dí: "David, idade 10 anos." David, a súa ambición: ser doutor. Deporte favorito: futbol ¿qué lle gustaba máis? Facer rir á xente, ¿cómo morreu? Torturado a morte. As últimas palabras que lle dixo a súa nai que tamén foi torturada ata morrer: "No te preocupes, as Nacións Unidas van chegar." e nunca o fixemos
E este rapaz creu nas nosas promesas, que axudaríamos á xente en dificultades en Ruanda, e nunca o fixemos.
Entón non só temos que crear neste mundo institucións pra manter a paz e de axuda humanitaria, senón tamen de reconstrucción e seguridade pra algúns dos estados cheos de conflictos no mundo. Polo tanto o meu argumento hoxe é fundamentalmente este: Temos os medios cos que podemos crear unha auténtica sociedade global. Con nosos esforzos podemos crear as institucións desta sociedade global; Que a ética global pode infundir a xustiza e responsabilidade que é necesaria pra que estas institucións funcionen pero non debemos perder a oportunidade nesta xeración, nesta década en particular, co Presidente Obama nos Estados unidos, e con outra xente traballando con nos ó redor do mundo pra crear institucións globais pra o medioambiente, pra as finanzas e pra a seguridade e o desenvolvemento, que dean sentido a nosa responsabilidade cara as outras personas, o noso desexo de concilialo mundo e a nosa necesidade de afrontar os problemas que todos sabemos que existen.
Dise que na Roma Antiga, cando Cicerón dirixíase a súa audiencia, a xente mirábase entre sí e dicían de Ciceron: "Gran discurso." Mais dise que na Grecia antiga cando Demóstenes dirixíase a súa audiencia, a xente mirábanse e non dicían: "Gran discurso" dicían: "Imos logo" Debemos ir tamén nós cara a unha sociedade global. Gracias.
You can share this video by copying this HTML to your clipboard and pasting into your blog or web page. This video will play with subtitles.
You either have JavaScript turned off or have an old version of the Adobe Flash Player. To view this rating widget you
need to get the latest Flash player.
If your browser allows only "trusted sites" to execute Javascript, you should add the "googleapis.com" domain to your whitelist to allow our Flash detection to work properly.
Got an idea, question, or debate inspired by this talk? Start a TED Conversation.
Estamos nun intre único na historia, dí o Primer ministro do Reino Unido Gordon Brown:podemos usar a interconectividade de hoxe pra desenvolver unha ética global compartida e traballar xuntos pra enfrentarnos ós retos da pobreza, a seguridade, o cambio climático e a economía.
Britain's former prime minister Gordon Brown played a key role in shaping the G20 nations' response to the world's financial crisis, and was a powerful advocate for a coordinated global response to problems such as climate change, poverty and social justice. Full bio »
Translated into Galician by Jose Camean
Reviewed by Juan Marcos Perez Gulin
Comments? Please email the translators above.
17:10 Posted: Dec 2009
Views 214,296 | Comments 205
20:46 Posted: Jul 2008
Views 464,680 | Comments 57
17:04 Posted: Sep 2009
Views 210,364 | Comments 46
Just follow the guidelines outlined under our Creative Commons license.
This comment will be attributed to . Not ? Sign Out.