Gabriel García Márquez é un dos meus escritores favoritos, pola súa forma de contar historias, pero aínda máis, creo, pola beleza e a precisión da súa prosa. E xa sexa nas primeiras liñas de "Cen anos de soidade" ou no fantástico monólogo interno en "O outono do patriarca", onde as palabras se precipitan por páxinas e páxinas de imaxes sen puntuación arrastrando ao lector como un río salvaxe revirándose a través dunha primitiva xungla sudamericana, ler a Márquez é unha experiencia visceral. Isto sorpredeume sobremanera cando lendo a novela me din conta de que estaba sendo arrastrado por este magnífico e vívida viaxe na tradución.
Cando facía a miña especialidade en literatura comparada, que é como unha especialidade en inglés, só que no canto de quedarse atascado en Chaucer durante tres meses, liamos grandes obras da literatura en tradución de todo o mundo. E tan magníficos como eran estes libros, sempre te decatabas cando estabas chegando ao seu clímax. Pero non é así con Márquez que nunha ocasión louvou as versións dos seus tradutores coma mellores que o orixinal, o cal foi unha louvanza incrible.
Así que cando oín que o tradutor, Gregory Rabassa, escribiu un libro sobre este tema, non puiden esperar para o ler. O seu título proven dun dito italiano que me chamou a atención, "Se isto é traizón". E é un lectura engaiolante. É recomendable para calquera que estea interesado na arte da tradución. Pero a razón pola que o menciono é que antes, Rabassa ofreceu este simple e elegante pensamento: "Cada acto de comunicación é un acto de tradución."
Quizais agora resulte moi obvio para todos vós, pero para min, que no meu día día, me encontraba tan a miúdo con esa mesma dificultade, nunca vira o reto inherente da comunicación dunha forma tan clara. Desde que teño memoria de pensar neste tipo de cousas, a comunicación foi a miña maior paixón. Incluso de neno, recordo pensar que realmente o que máis quería na vida era ser capaz de o entender todo e despois comunicarllo a todo o mundo. Así, sen problemas de ego. É divertido, a miña muller, Daisy, cuxa familia está chea de esquizofrénicos, e quero dicir izada deles, unha vez dixome, "Chris, xa teño un irmán que cre que é Deus. Non necesito un marido que queira selo."
Segundo me mergullaba nos meus vintetantos era máis consciente do imposible que era acadar esta ambición de infancia, era na segunda parte, en ser capaz de comunicar con éxito aos outros calquera coñecemento que adquiría, onde realmente se mostraba a futilidade da miña busca. Unha e outra vez, cando quixera que comezase a compartir algunha gran verdade con un receptor que pronto estaría agradecido, tiña o efecto contrario. Curiosamente, cando o primeiro que dis é, "Ei, escoita, porque che vou explicar algúns coñecementos moi importantes", resulta marabilloso o rápido que te encontras coa frialdade e o pelotón de fusilamento.
Finalmente, tras uns 10 anos de amigos e descoñecidos alienantes, finalmente o conseguín, unha nova verdade persoal: se quería ser bo comunicando as ideas que aprendía, máis me valía encontrar outra forma de abordar á xente. E foi entón cando descubrín a comedia.
A comedia viaxa por un ancho de onda distinto das outras formas de linguaxe. Se a tivese que colocar nalgunha parte, estaría nalgún punto entre a poesía e a mentira. Non estou a falar de toda a comedia, porque, evidentemente, hai moito humor que entra dentro dos límites seguros do que xa pensamos e sentimos. Do que quero falar é da habilidade única que a mellor comedia e sátira teñen para eludir as nosas conviccións máis enraizadas. A comedia é como a pedra filosofal. Toma coma base metálica o sentido común e a transforma a través do ridículo nun forma distinta de ver e finalmente nunha forma distinta de estar no mundo. Porque iso é o que saco do título deste conferencia: Gañado na tradución. Todo isto é sobre comunicación que non só produce unha maior comprensión a nivel individual, pero tamén leva a un cambio real. Na miña experiencia, comunicación significa conseguir falar e expandir o noso concepto de interese propio. Creo que xa falei dabondo do interese propio da xente porque todos estamos programados para elo. É parte do noso paquete de supervivencia, e é polo que se converteu en tan importante para nós e polo que sempre escoitamos a ese nivel. E tamén porque é onde, en termos de interese propio, finalmente comezamos a entender a nosa habilidade para responder, a nosa responsabilidade co resto do mundo.
Ben, cando falaba da mellor comedia e sátira, referíame ao traballo que procede en primeiro lugar da honestidade e da integridade. E se agora voltas a pensar nas imitacións de Tina Fey, en Saturday Night Live, da nova candidata á vicepresidencia, Sarah Palin, verás que foron devastadoras. Fey demostrou que moito máis efectivo que calquera comentarista político é a fundamental falta de seriedade do propio candidato, cimentando unha impresión dela que a maioría de público estadounidense aínda ten. E o detalle principal disto foi que os guións de Fey no foron escritos por ela nin por escritores do Saturday Night Live. Foron recollidos de forma literal dos comentarios da propia Palin. (gargalladas) Aquí está a imitadora de Palin citando a Palin palabra por palabra. Iso é honestidade e integridade, e é tamén polo que as actuacións de Fey deixaron unha impresión tan duradeira.
No outro lado do espectro político, a primeira vez que ouvín a Rush Limbaugh referirse ao aspirante a presidencia John Edwards como a rapaza Pantene sabía que lle dera un golpe directo. Non sucede de cotío que asocie as palabras honestidade e integridade con Limbaugh, pero é que é realmente difícil argumentar contra ese chiste. A descrición amosa perfectamente a banalidade de Edwards. E sabedes que? Ese trazo da personalidade estaba detrás do escándalo que acabou cosa súa carreira política.
The Daily Show con John Stewart é de lonxe... (aplausos) (gargalladas) é de lonxe o exemplo mellor documentado da efectividade deste tipo de comedia. Enquisa tras enquisa dende o Pew Research ao Centro Annenberg para Políticas Públicas, descubriron que a súa audiencia estaba mellor informada sobre a actualidade que a audiencia de todos os telexornais de cadeas públicas e de pago.
Independentemente de se isto di máis sobre o conflito entre integridade e beneficios do xornalismo corporativo que sobre a atención da audiencia de Stewart, o principal punto segue a ser que o material de Stewart está sempre baseado nun compromiso cos feitos. Non porque a súa intención sexa informar. Non é tal. A súa intención e ser gracioso. Só acontece que a marca humorística de Stewart non funciona agás que os feitos sexan certos. E o resultado é unha comedia brillante que tamén funciona como medio de información e consegue cotas máis altas de atención e credibilidade que os medios de comunicación profesionais. Isto é dobremente irónico cando se ten en conta que o que dá á comedia a súa principal arma para collernos de improviso é o modo en que nos desorienta deliberadamente.
Unha gran peza de comedia é un truco máxico verbal, pensas que está indo para aquí e de súpeto veste transportando para alá. E niso hai deleite mental seguido dunha resposta física en forma de riso, o cal, non por erro, libera endorfinas no cerebro. E xusto desa maneira es atraído ate unha nova forma de ollar algo porque as endorfinas baixaron as túas defensas. Isto é diametralmente o contrario á forma en que a ira e o medo e o pánico, e todas as respostas de fuxida ou enfrontamento, operan. Os respostas de fuxida ou loita liberan adrenalina, a cal levanta as nosas defensas ate o ceo. E a comedia trata moitas das mesmas áreas onde as nosas defensas son moi fortes: raza, relixión, política, sexualidade. Só polo acercamento a través do humor en lugar da adrenalina, conseguimos endorfinas e a alquimia do riso derruba as nosas defensas, revelando un novo e inesperado punto de vista.
Agora déixenme que lles de un exemplo sacado dos meus monólogos. Teño algo de material sobre a recoñecida axenda dos homosexuais radicais, que comeza preguntando, como de radicais é esta axenda homosexual? Porque polo que vexo, as tres cousas que os homosexuais norteamericanos queren son entrar no exército, casarse e formar unha familia. (gargalladas) Tres cousas que levo toda a miña vida tentando evitar. (gargalladas) Todo para vós, bastardos radicais. Todo voso.
E vai seguido por este comentario sobre os dereitos de adopción dos homosexuais: Cal é o problema coa adopción dos homosexuais? Por que é tan conflitiva? Se tes un bebé e cres que é homosexual, deberías o poder dar en adopción. (gargalladas) Deches a luz a unha abominación. Sácao da túa casa. Neste punto ao tomar o epíteto bíblico "abominación" e o xuntar coa imaxe máis representativa da inocencia, o bebé, este chiste curtocircuíta o cableado emocional detrás do debate e deixa a audiencia coa oportunidade, a través das súas gargalladas, de cuestionarse a súa validez.
A desorientación non é o único truco que ten a comedia baixo a manga. A economía da linguaxe é outro punto forte da boa comedia. Estas son unhas frases que conseguen concentrar unha cantidade maior de información e símbolo que o mellor chiste. Bill Hicks, se non coñecedes o seu traballo, deberiades consúltalo en Google. Hicks tiña un monólogo sobre os concursos de fachenda que fan os rapaces no patio, onde ao fin o outro rapaz dille, "Eh? Pois o meu pai pode darlle unha malleira o teu." ao que Hicks contesta, "De verdade? En canto tempo?" (gargalladas) Iso é a infancia enteira en tres palabras. (gargalladas) Sen mencionar o que revela sobre o adulto que as está a dicir.
E unha última poderosa característica que ten a comedia como medio de comunicación é que é intrinsecamente "viral". A xente non pode esperar a contar outra vez ese chiste novo tan bo. E isto non é un novo fenómeno do noso mundo interconectado. A comedia leva cruzando o país cunha velocidade admirable moito antes da Internet, dos medios sociais, incluso da tele por cable. Aló, en 1980, cando o cómico Richar Pryor prendeuse lume accidentalmente cando estaba manipulado cocaína, eu estaba en Os Ánxeles o día despois de que ocorrese e dos días despois estaba en Washington D.C.. E escoitei exactamente o mesmo chiste en ambas costas: algo sobre a Ignited Negro College Fund. De certo, non veñen de ningún monólogo de Tonight Show. E a miña suposición, e non o investiguei, é que se realmente se mirasedes atrás e puidesedes investigar, descubriríase que a comedia é a segunda profesión "viral" máis antiga. Primeiro foron os tambores despois os chistes de toc-toc.
Pero é cando pos todos estes elementos xuntos cando consegues o efecto "viral" dun gran chiste cun final contundente que foi construido desde a honestidade e a integridade, e pode ter un efecto real para cambiar unha conversa. Agora teño un amigo íntimo, Joel Pett, quen é debuxante humorístico para o Lexington Herald-Leader. E era o tipo de USA Today da mañá dos luns. Estaba visitando a Joel no fin de semana anterior á conferencia de Copenhague sobre o cambio climático en decembro de 2009. E Joel contábame que, por causa de que o USA Today ía ser un dos catro periódicos estadounidenses oficiais, ía ser examinado por case calquera que asistise á conferencia, o que significaba que, se podía facer unha boa coa súa tira do luns, o día de apertura das conferencias, podería chegar á cúpula das persoas que realmente toman as decisións.
Así comezamos falando do cambio climático. E resultou que tanto a Joel como a min molestábanos a mesma cousa, e era que a meirande parte do debate seguise enfocada na explicación científica e como de completa era ou deixaba ser e iso a ámbolos dous parecíanos que era una forma de intentar liar o tema. Porque primeiro de todo, é unha premisa falsa que exista unha explicación científica completa. O gobernador Perry do meu novo estado adoptivo de Texas, estaba usando este mesmo argumento o último verán ao comezo dunha campaña electoral destinada ao fracaso para a nomeamento presidencial republicano, proclamando unha e outra vez que a ciencia non estaba completa e naquel momento 250 dos 254 condados do estado de Texas estaban ardendo. E a solución política de Perry foi pedir aos habitantes de Texas que rezaran pedindo chuvia. Persoalmente, eu rezaba por catro lumes máis para que finalmente puidesemos completar a maldita explicación científica.
Pero alá en 2009, a pregunta á que Joel e máis eu seguiamos volvendo era por qué a estas alturas do partido seguiamos gastando enerxía en falar da ciencia cando as políticas necesarias para abordar o cambio climático eran de forma inequívoca beneficiosas para a humanidade a longo prazo sen importar a ciencia. Así que lle demos voltas e voltas ata que Joel tivo esta idea. Tira: "E se todo é unha gran argallada e creamos un mundo mellor para nada?" (gargalladas) Ten que encantarte a idea. (aplausos) Que pasa con iso? Que hai de crear un mundo mellor para nada? Non por Deus, non polo país, non polos beneficios, só como un indicador básico para a toma de decisións globais.
E esta tira golpea xusto no centro do furacán. Pouco despois da clausura da conferencia, Joel recibiu unha petición dunha copia firmada desde a xefatura da Axencia de Protección Medioambiental (EPA) de Washington e agora mesmo colga nos seus muros. E non moito despois diso, recibiu outra petición de copia para a xefa do EPA en California quen o usou como parte de súa presentación na conferencia internacional sobre o cambio climático en Sacaramento o ano pasado. E non acaba aquí. A día de hoxe, Joel recibiu peticións desde 40 asociacións medioambientais, nos Estados Unidos, Canada e Europa. E anteriormente neste ano, recibiu una petición do Partido Verde de Australia quenes o usaron na súa campaña onde se converteu en parte do debate que levou ao parlamento australiano a adoptar o réxime fiscal sobre a contaminación carbónica máis estrito do mundo. (aplausos) Iso é moito impacto para 14 palabras.
Así que a miña suxestión para aqueles aí fora que seguen centrados en crear un mundo mellor é tomar un pouco de tempo cada día e practicar o pensamento cómico porque quizais acabedes encontrando a resposta que buscabades.
You can share this video by copying this HTML to your clipboard and pasting into your blog or web page. This video will play with subtitles.
You either have JavaScript turned off or have an old version of the Adobe Flash Player. To view this rating widget you
need to get the latest Flash player.
If your browser allows only "trusted sites" to execute Javascript, you should add the "googleapis.com" domain to your whitelist to allow our Flash detection to work properly.
Got an idea, question, or debate inspired by this talk? Start a TED Conversation.
Cada acto de comunicación é, dalgunha maneira, un acto de tradución. Desde o escenario da TEDxRainier, o escritor Chris Bliss refelexiona sobre a maneira na que a boa comedia, en particular, pode traducir verdades profundas a un público masivo.
Chris Bliss explores the inherent challenge of communication, and how comedy opens paths to new perspectives. Full bio »
Translated into Galician by Adrián Antonio Delgado Martínez
Reviewed by Andres Corral
Comments? Please email the translators above.
06:42 Posted: Jan 2011
Views 464,939 | Comments 119
09:30 Posted: Dec 2009
Views 433,974 | Comments 103
18:03 Posted: Jan 2010
Views 393,131 | Comments 116
Just follow the guidelines outlined under our Creative Commons license.
This comment will be attributed to . Not ? Sign Out.