Que está a suceder na mente desde bebé? Se preguntásemos isto hai 30 anos, a maioría da xente, psicólogos incluidos, diría que este bebé é irracional, ilóxigo, egocéntrico... que non tería en conta a perspectiva doutra persoa ou non entendería un proceso de causa-efecto. Nos últimos 20 anos, a ciencia do desenvolvemento anulou completamente esta teoría. En certo modo, cremos que o pensamento deste bebé é coma o pensamento dos científicos máis destacados.
Dareilles un exemplo disto. Unha cousa que podería estar a pensar este bebé, que podería estar a pasar pola súa mente, é tratar de descifrar o que está a ocorrer na mente doutro bebé. Á fin e ó cabo, unha das cousas máis difíciles para todos nós é tratar de descifrar o que outras persoas pensan e senten. E quizais o máis difícil sexa entender que o que outros pensan e senten non é o mesmo que o que nós pensamos e sentimos. Calquera que estea ó tanto da política pode dicir o difícil que lles resulta isto a algunhas persoas. Nós queriamos saber se os bebés e os nenos pequenos podían entender esta idea tan complexa sobre outras persoas. A cuestión é: como podemos preguntarlles? Os bebés non falan, e se lle pedimos a un neno de 3 anos que nos conte o que pensa, só conseguiremos un monólogo de pensamentos sobre ponis, cumpreanos e cousas polo estilo. Como podemos entón preguntarlles?
Resulta que o secreto foi o brócoli. Betty Rapacholi, unha das miñas estudantes, e mais eu, démoslles ós bebés dous pratos con comida: un con brócoli cru e outro con deliciosas galletiñas saladas. A todos os bebés, incluso en Berkeley, lles gustan as galletiñas e non lles gusta o brócoli. (Risos) Despois, o que facía Betty era probar comida dos dous pratos. E facía que lle gustaba ou non o que probaba. A metade das veces, facía que lle gustaban as galletiñas e non o brócoli... como calquera bebé ou persoa normal. Pero a outra metade, collía un pouco de brócoli e dicía "Mmmm, brócoli. Probei o brócoli. Mmmm." E logo collía unhas galletiñas, e dicía "Aj, puaj, galletiñas. Probei as galletiñas. Aj, puaj." É dicir, facía coma se lle gustara o contrario do que lles gustaba ós bebés. Fixemos isto con bebés de 15 e 18 meses. Logo Betty extendía a man e dicía, "Dásme un pouquiño?"
A cuestión era: daríanlle os bebés o que lles gustaba a eles ou a ela? O sorprendente foi que os bebés de 18 meses, que acaban de empezar a andar e falar, dábanlle as galletiñas se lle gustaran as galletiñas e o brócoli se lle gustara o brócoli. Por outro lado, os bebés de 15 meses quedábanse fitando para ela se parecía que lle gustara o brócoli, coma se non puidesen entendelo. E despois de mirala durante un rato longo, dábanlle galletiñas, o que pensaban que gustaría a todo o mundo. Polo tanto, hai dous datos reveladores nisto. Por un lado está que os bebés de 18 meses xa teñen descuberto este dato importante da natureza humana: que non todos queremos o mesmo. É mais, entenden que deben actuar para axudar a outras persoas a conseguir o que queiran.
E máis interesante sen embargo, é que os bebés de 15 meses non fan isto; o que suxire que os nenos de 18 meses aprenderon este dato profundo do ser humán nos 3 meses que os separan dos bebés de 15 meses. Polo tanto, os bebés saben máis e aprenden máis do que pensabamos ata agora. E este é só un dos centos de estudos que se fixeron nos últimos 20 anos demostrando este feito.
O que se poden preguntar agora é: Por que os nenos aprenden tanto? E como é posible que aprendan tanto en tan pouco tempo? É dicir, a primeira vista, os bebés parecen bastante inútiles. E en moitas ocasións, son peor que inútiles, porque temos que empregar moito tempo e enerxía simplemente en mantelos vivos. Se recurrimos á evolución para buscar resposta a este misterio de por que perdemos tanto tempo coidando a bebés inútiles, resulta que si hai unha resposta Se observamos varias especies distintas, non só outros primates coma nós, senón tamén outros mamífeors, paxaros, incluso marsupiais coma os canguros ou os vombátidos, resulta que hai relación entre a duración da infancia, e o tamaño relativo do cerebro e a intelixencia e flexibilidade da especie.
Un exemplo disto sacámolo destes paxaros que podedes ver aquí. Por unha banda temos o corvo de Nova Caledonia. Os corvos e outros córvidos, grallas, pegas, etcétera, son paxaros moi intelixentes. En certos sentidos son tan intelixentes coma os chimpancés. E este é un paxaro moi estudado que ten aprendido a usar ferramentas para conseguir comida. Por outra banda, temos á nosa coñecida galiña doméstica. As galiñas, así coma os patos, pavos e gansos, son parvos coma pedras. Son moi moi bos picando gran, pero non son moi bos facendo calquera outra cousa. Resulta que os bebés dos corvos de Nova Caledonia, os pitiños, dependen de que as súas nais lles poñan os vermes na boca ata os dous anos de vida, o que supón bastante tempo na curta vida dun paxaro. Sen embargo, as galiñas son adultas en apenas un par de meses. Por tanto, a infancia é a razón pola que os corvos rematan na portada das revistas científicas mentras que as galiñas rematan no pote da sopa.
Hai algo nas infancias longas que parece estar relacionado co coñecemento e coa aprendizaxe. Que explicación poderiamos ter para isto? Algúns animais, coma as galiñas, parecen creadas para facer unha cousa moi ben. Así que as galiñas son moi boas picando gran nun entorno concreto. Outras criaturas, coma os corvos, non son especialmente boas facendo nada particular, pero son moi boas aprendendo as normas de distintos entornos.
E por suposto, nós, os seres humáns estamos moi lonxe nesa distribución. Temos cerebros máis grandes con relación ó noso corpo, moito máis que calquera outro animal. Somo máis intelixentes, máis flexibles, podemos aprender mais, podemos sobrevivir en moitos máis entornos: temos emigrado por todo o planeta e incluso cara o espacio. E os nosos bebés e nenos dependen de nós por moito máis tempo que os bebés doutras especies. O meu fillo ten 23. (Risos) Polo menos ata os 23, seguimos a poñerlles eses vermiños nas súas bocas abertas
Moi ben, por que observamos esta correlación? Unha idea é que esa estratexia, a estratexia da aprendizaxe, é unha forma moi poderosa e forte de adentrarse neste mundo. Pero ten unha gran desvantaxe: resulta que ata que se aprende todo, se está indefenso. Non sería bo que nos perseguise un mastodonte e estar a pensar: "Empregarei un tiracroios ou unha lanza? Cal será mellor?" Sería mellor saber todo iso antes de que aparezan os mastodontes. E a forma en que a evolución solucionou este problema foi, parece ser, cunha división do traballo. Por iso temos este periodo de tempo no que estamos totalmente protexidos. Non temos que facer nada. Simplemente aprender. E logo, de adultos, podemos coller iso que aprendemos de bebés e nenos e poñelo en práctica para saírmos polo mundo adiante.
Unha forma de pensar nisto é que os bebés e os nenos pequenos son coma o departamento de Investigación e Desenvolvemento da especie humana. Son a xente protexida que investiga, os que só teñen que saír, aprender e ter boas ideas. E nós somos a produción e comercialización. Temos que coller todas esas ideas que aprendemos de nenos e poñelas en práctica. Outra forma de velo é, en lugar de pensar nos bebés e os nenos coma adultos incompletos, pensar neles coma seres nun estado de desenvolvemento distinto da mesma especie; coma os casulos e as bolboretas. Pero os bebés serían as bolboretas que borbolean polo xardín explorando, e nós seriamos os casulos encerrados no noso estreito camiño de adultos.
Se isto é certo, se os bebés están deseñados para aprender, e esta historia da evolución nos mostra que así é, que os nenos están para aprender, podemos esperar que sexan uns mecanismos de aprendizaxe bastante poderosos. E de feito, o cerebro dun bebé parece ser o ordenador de aprendizaxe máis poderoso do planeta. Aínda que os verdadeiros ordenadores están a mellorar moito. Está a haber unha revolución na nosa forma de entender as máquinas de aprendizaxe. E todo a causa das ideas deste home, o reverendo Thomas Bayes, un estatístico e matemático do século XVIII. Básicamente, Bayes proporcionou un procedemento matemático que empregaba a teoría da probabilidade para caracterizar e describir a forma na que os científicos descubrían cousas do mundo. O que os científicos fan é plantexar unha hipótese, algo co que poder comezar. Logo evalúan esa hipótese con probas. As probas fanlles cambiar a hipótese, que volven a evaluar con novas probas, e así sucesivamente. O que Bayes mostrou foi un procedemenento matemático que podía facer iso. E as matemáticas son a base dos mellores programas de aprendizaxe que temos hoxe en día. Hai dez anos, suxerín que os bebés debían estar a facer o mesmo.
Se queremos saber o que está a pasar baixo estes preciosos olliños marróns, penso que é algo moi parecido ó atopado nas notas do reverendo Bayes. Penso que os bebés están a facer cálculos moi complicados con probabilidades condicionadas que revisan e así descobren como funciona o mundo. Ben, isto é aínda máis dificil de demostrar. Se preguntamos a un adulto sobre estatística, pódese sentir bastante estúpido. Como é posible que os nenos fagan estatísticas?
Para probar isto, empregamos unha máquina que demos en chamar o Detector Blicket. É unha caixa que se acende e soa cando se poñen encima dela uns obxectos determinados. Empregando esta máquina tan simple, no meu laboratorio, e tamén noutros, se realizaron ducias de estudos sobre o bos que son os nenos aprendendo sobre o mundo. Mostrarei simplemente un que fixemos con Tumar Kushner, un dos meus estudantes. Se vos mostrase este detector probablemente empezariades por pensar que a forma de activalo é colocar un bloque sobre o detector. Pero o caso é que o detector funciona dunha forma un tanto estraña. Se se abanea un bloque enriba do detector, algo no que non pensariamos nun principio, o detector se activa dúas de cada tres veces. Namentres que se colocamos o bloque enriba, o que sería o lóxico, só se activa dúas de cada seis veces. Polo tanto, a hipótese menos probable ten probas máis evidentes. Parece que a estratexia de abanear o obxecto é mais efectiva que a outra. Así que explicamos estes datos ós nenos de catro anos e pedémoslles que o intentasen. E con seguridade, os nenos de catro anos empregaron os datos e abanearon o obxecto enriba do detector.
Hai dous datos interesantes neste feito. A primeira, recordade que son nenos de catro anos, que están aprendendo a contar; pero inconscientemente xa están a facer cálculos complexos que lles dan unha medida de probabilidades condicionadas. O segundo dato interesante é que están a usar as probas para chegar a unha idea, a unha hipótese sobre o mundo, que parece algo pouco probable ó principio. En estudos que realizamos no laboratorio, outros similares, demostramos que estes nenos de catro anos son mellores descubrindo hipóteses pouco probables ca os adultos, dada a mesma tarefa. Nestas circunstancias, os nenos fan estatísticas para desvelar cousas sobre o mundo. Pero os científicos experimentan, despois de todo, e queriamos ver se os nenos experimentaban tamén. É o que normalmente chamamos "meterse en todo" ou "xogar".
Ten habido moitos estudos interesantes ultimamente que mostraron que estes xogos son coma unha especie de programa de investigación experimental. Mostramos un do laboratorio de Cristine Legare. Cristine empregou de novo Detectores Blicket. Mostrou aos nenos que os bloques amarelos facíano funcionar e os vermellos non, ademais de mostrarlles unha anomalía. O que veremos agora é a este rapaz formulando 5 hipóteses en 2 minutos de tempo.
Neno: E así? Neno: Igual que no outro lado.
Alison: Ben, a primeira hipótese rexéitase.
Neno: Este acéndese, pero este non.
Alison: Empeza a describir a experimentación.
Neno: Por que este si que se encende? (Risos) Neno: Non o entendo.
Alison: Os científicos han recoñecer esa cara de desesperación.
Neno: Oh, é porque este ten que estar así, e este ten que estar así.
Neno: Así ten que ser. Neno: Oh... non pode ser.
Alison: Agora vén a seguinte idea. Pediulle á investigadora que tentase poñelo enriba do outro. Tampouco funcionou.
Neno: Oh, é porque a luz só vai ata aquí, non ata aquí. Baixo esta caixa hai electricidade, pero esta non ten.
Alison: Ben, esa sería a cuarta hipótese.
Neno: Agora si se acende! Se pos catro bloques. Se pos catro bloques neste, acéndese e dous para que se encenda o outro.
Alison: Ben, esa é a quinta hipótese.
Este neno é... é un neno moi riquiño e elocuente, pero Cristine descubriu que é un neno moi típico. Se observamos como xogan os nenos, se lles pedimos que expliquen algo, o que fan é experimentar. Moi típico dos nenos de 4 anos.
Ben, e que se sente sendo este tipo de criatura? Que se sente sendo unha destas bolboretas que poden probar 5 hipóteses en 2 minutos? Se volvemos ás teoría de psicólogos e filósofos, moitas din que os bebés e os nenos apenas son conscientes, ou incluso que non o son en absoluto. Pero eu penso que é o contrario. Penso que os bebés e os nenos son máis conscientes ca os adultos. Isto é o que sabemos sobre como funciona a conciencia adulta. A conciencia e atención dun adulto parécese a un foco. O que ocorre nos adultos é que cando decidimos que algo é importante ou relevante, prestámoslle atención. A conciencia niso no que nos fixamos vólvese relucente e intensa, mentras que o resto case que se apaga. Tamén sabemos como ocorre isto no cerebro.
Cando prestamos atención a algo, a parte frontal do cerebro, a parte que executa as accións, manda un sinal que fai que unha pequena parte do cerebro se flexibilice, se volva máis plástica, mellor para aprender; e apaga a actividade no resto do cerebro. Temos así unha atención moi centrada, orientada ó propósito. Se observamos os bebés e nenos, vemos algo moi distinto. Penso que os bebés e os nenos parecen ter unha conciencia máis parecida a unha lanterna ca a un foco. Ós bebés e ós nenos cústalles moito limitar a atención a unha soa cousa. Pero dáselles moi ben ter en conta moita información de moitas fontes á vez. E se observamos os seus cerebros, o que vemos é que están asolagados de neurotransmisores que inducen á aprendizaxe e á plasticidade, e que a inhibición aínda non se leva a cabo. Por iso cando dicimos que os bebés e os nenos teñen problemas para prestar atención, o que realmente significa é que lles custa non prestar atención. Cústalles desfacerse das cousas interesantes que lles poderían dicir algo por só mirar ó que é importante. Ese é o tipo de atención, o tipo de conciencia que debemos esperar desas bolboretas que están deseñadas para aprender.
Se queremos pensar nunha forma de sentir ese tipo de conciencia infantil coma adultos, penso que a mellor forma é pensar sobre casos nos que estamos ante unha situación nova na que non estivemos nunca; cada vez que nos enamoramos de alguén, ou cando vamos a unha cidade por primeira vez. Neses casos a conciencia non se contrae, senón que se expande, por iso parece que en 3 días en Paris hai máis conciencia e experiencias que en todos os meses de volta na casa, andando, falando, indo a clases coma zombis. Por certo, ese café, ese magnífico café que tomamos abaixo, en realidade imita o efecto dos neurotransmisores dos bebés. Así que, cómo é ser un bebé? É coma estar namorado, en París, por primeira vez, despois de tomarse 3 expresos dobres. (Risos) Unha sensación marabillosa, pero que adoita espertarnos chorando ás 3 da mañá.
Pero está ben ser adulto. Non quero dicir demasiado sobre o magníficos que son os bebés. Está ben ser adulto. Podemos facer cousas coma atarnos os zapatos ou cruzar a rúa sós. E ten sentido que poñamos moito esforzo en facer que os bebés pensen coma os adultos. Pero se o que queremos é ser coma esas bolboretas, ter a mente aberta, estar abertos á aprendizaxe, imaxinación, creatividade, innovación... quizais, polo menos ás veces, debamos facer que os adultos pensen un pouco coma os nenos.
You can share this video by copying this HTML to your clipboard and pasting into your blog or web page. This video will play with subtitles.
You either have JavaScript turned off or have an old version of the Adobe Flash Player. To view this rating widget you
need to get the latest Flash player.
If your browser allows only "trusted sites" to execute Javascript, you should add the "googleapis.com" domain to your whitelist to allow our Flash detection to work properly.
Got an idea, question, or debate inspired by this talk? Start a TED Conversation.
A psicóloga Alison Gopnik di: "Os bebés e os nenos pequenos son coma o departamento de I+D da especie humana". O seu estudo explora os sofisticados procesos de recolección de datos e toma de decisións que levan a cabo os bebés cando xogan.
Alison Gopnik takes us into the fascinating minds of babies and children, and shows us how much we understand before we even realize we do. Full bio »
Translated into Galician by Eulalia Baroja
Reviewed by Xosé María Moreno
Comments? Please email the translators above.
10:17 Posted: Feb 2011
Views 1,302,932 | Comments 264
16:51 Posted: Sep 2009
Views 1,230,821 | Comments 301
17:13 Posted: Sep 2010
Views 1,420,208 | Comments 466
Just follow the guidelines outlined under our Creative Commons license.
This comment will be attributed to . Not ? Sign Out.