Return to the talk Return to talk

Transcript

Select language

Translated by Isabel González
Reviewed by Eulalia Baroja

0:19 Que hai na caixa? Sexa o que sexa, ten que ser bastante importante porque viaxei con ela, movina de apartamento a apartamento a apartamento.

0:30 (Gargalladas)

0:32 (Aplausos)

0:35 Sóavos familiar? Sabiades que nós, os americanos, temos sobre tres veces mais espacio do que tiñamos fai 50 anos? Tres veces Así que un pensa: con todo este espacio extra, teremos unha chea de habitacións para todas as nosas cousas. Pois non. Hai unha nova industria agora, unha industria de 200 mil m2, e 22.000 millóns de dólares: la do almacenamento persoal. Así que temos o triple de espacio, pero convertémonos en tan bos compradores que precisamos aínda máis espacio Así que, a onde leva isto? Montóns de débedas en tarxetas de crédito, pegadas ambientais enormes, e pode que non por coincidencia, o noso nivel de felicidade mantívose igual durante 50 anos.

1:22 Ben, pois estou aquí para contar que hai unha maneira mellor, que menos pode significar máis. Aposto a que a maioría de vos experimentáchedes algunha vez a felicidade do "menos": na universidade: na residencia viaxando: nunha habitación de hotel, de acampada: armado con case nada, quizais un barco. Fose o que fose, aposto que, ademais doutras cousas, esto deuvos un pouco de liberdade, un pouco máis de tempo. Así que vou a suxerir que menos cousas e menos espacio van a equivaler a unha pegada máis pequena. É unha maneira moi boa para aforrar cartos. E nos vai a dar un pouco máis de facilidades nas nosas vidas.

2:02 Asi que comecei un proxecto chamado Life Edited en lifeedited.org para desenvolver este diálogo e atopar algunhas boas solucións nesta área. Primeiro: agrupar o meu apartamento de 128 m2 de Manhattan cos compañeiros Mutopo e Jovoto.com. Eu queríao todo: oficina, lugar con sitio para 10, habitación de invitados, e todo o meu equipo de surf con cometa. Con máis de 300 entradas de todo o mundo, conseguino, a miña propia caixiña maravillosa. Comprando un espacio de 128 m2 en lugar de 180 inmediatamente aforro 200.000 dólares. Un espacio máis pequeno, conleva aparellos máis pequenos, polo que aforras máis cartos, e tamén unha pegada máis pequena. E como está realmente deseñado para grupo de posesións concretas, as miñas cousas favoritas, e realmente deseñado para min, estou moi emocionado de vivir alí.

2:56 Así que, como podes vivir mais pequeno? Tres reglas principais. Primeiro, tes que editar sen piedade. Temos que limpar as arterias das nosas vidas. Esa camiseta que non me puxen dende fai anos? É o momento de que a deixe ir. Temos que quitar o superfluo da nosa vida, e temos que aprender a frear a entrada. Temos que pensar antes de comprar. Preguntándonos a nós mesmos, "De verdade isto vaime facer mais feliz? Realmente?" Por suposto, debemos comprar e posuir cousas xeniais. Pero queremos cousas que vaiamos a amar por anos, non só "cousas".

3:33 En segundo lugar, o noso novo mantra: o pequeno é sexy. Queremos espacio eficiente. Queremos cousas que estean deseñadas para como as usaremos a gran maioría do tempo, non para raros eventos. Por que ter seis cociñas cando como moito se usan tres? Queremos cousas empacables, cousas que encaixen, e queŕemolo todo dixitalizado. Podes coller todos os papeis do traballo, libros, películas, e podes facelos desaparecer: é maxia.

4:01 Por último, queremos espacios e aparellos multifuncionais: unha pileta combinada cun váter, unha mesa que se convirte en cama, no mesmo espacio, unha mesiña que se extende para sentar a 10. No esquema de gañanzas Life Edited, neste apartamento, combinamos unha parede móbil con mobles transformables para conseguir un montón de espacio. Mirade a mesa de café: crece en anchura e altura para sentar a 10. A miña oficina está alí, facilmente ocultable. A miña cama desplégase da parede con só dous dedos. Invitados? Move a parede, tconsegue algunhas camas de invitados plegables. E, por suposto, o meu propio cine.

4:43 Non estou dicindo que todos teñamos que vivir en 128 m2. Pero considerade os beneficios dunha vida editada. Ir de 900 a 600 de 450 a 300. A maioría de nos, pode que todos, somos bastante felices pasando uns días con un par de mochilas, pode que un lugar pequeno, unha habitación de hotel. Así que, cando chegues áa casa e cruces a porta, para un segundo e pregúntate, "Podería con unha vida pequena editada? Daríame un pouco máis de liberdade? Pode que un pouco máis de tempo?"

5:16 Que hai na caixa? Non importa, en realidade. Sei que non o necesito. Que hai nas vosas? Pode, só pode, que menos signifique máis. Así que fagamos sitio para as boas cousas.

5:35 Grazas.

5:37 (Aplausos)