Return to the talk Return to talk

Transcript

Select language

Translated by Raquel Caamaño
Reviewed by Patricia Álvarez

0:15 Ola, o meu nome é Frank e colecciono segredos. Todo comezou cunha idea tola en novembro do 2004. Imprimín máis de 3000 postais coa miña dirección, xusto coma esta. Estaban en branco por un lado, e no outro lado listei unhas instrucións sinxelas. Pedínlle a xente que compartise anonimamente un segredo enxeñoso que nunca lle contaran a ninguén. E repartín esas postais ó azar polas rúas de Washington D.C. sen saber que agardar.

0:47 Pero a idea deseguida empezou a expandirse. A xente empezou a mercar as súas propias postais e a facer as súas propias postais. Comecei a recibir segredos na caixa de correo da miña casa, non só con mataselos de Washington D.C., senón de Texas, California, Vancouver, Nova Zelandia, Iraq. De súpeto a miña tolemia non parecía tal tolemia. PostSecret.com é o blog sen publicidade máis visitado do mundo. E esta é a miña colección de postais no presente. Podedes ver á miña muller intentando amorear un montón de postais nunha pirámide de máis de medio millón de segredos.

1:29 O que me gustaría facer agora é compartir con vós unha manda moi especial de segredos desa colección, empezando por este. "Atopei estes selos cando era neno, e agardei toda a vida a ter alguén a quen mandarllos. Nunca tiven a ninguén." Os segredos poden adoptar moitas formas. Poden ser impactantes, parvos ou conmovedores. Poden conectarnos coa nosa humanidade máis profunda ou con xente que nunca coñeceremos. Poño descafeinado ós clientes que son groseiros comigo! (Risos) Pode que un de vós enviara este. Non o sei. Este amosa moi ben a creatividade da xente cando fan e me envían unha postal. Esta obviamente está feita coa metade dun vaso do Starbucks cun selo e a miña dirección escrita no outro lado.

2:33 "Querida nai biolóxica, teño uns pais xeniais. Atopei amor. Son feliz". Os segredos poden lembrarnos os incontables dramas humanos, debilidades e heroísmo, actuando silandeiramente nas vidas da xente do noso arredor mesmo agora. "Todo o mundo que me coñecía antes do 11S cre que estou morto". "Adoitaba traballar cunha manda de persoas relixiosas pechadas, así que de cando en vez non levaba bragas e simplemente amosaba un gran sorriso e ría por dentro".

3:16 (Risos)

3:24 O seguinte precisa unha pequena explicación antes de que volo ensine. Encántame falar nos campus universitarios e compartir segredos e historias cos estudantes. E ás veces quedo despois e asino libros e fágome fotos cos estudantes. E a seguinte postal está feita cunha desas fotos. E tamén debo mencionar que, igual que hoxe, no evento de PostSecret, estaba a usar un micrófono sen cables. "O teu micrófono non estaba apagado durante a proba de son. Todos te escoitamos mexar". (Risos) Isto foi moi avergoñante cando sucedeu, ata que me decatei de que podería ser peor. Sabedes o que quero dicir.

4:14 (Risos)

4:17 "Dentro deste sobre están os anacos rotos dunha carta de suicidio que non usei. Síntome como a persoa máis feliz do mundo (agora)". "Un destes homes é o pai do meu fillo. Pagoume unha morea para que mantivera o segredo".

4:37 (Risos)

4:47 "Aquel sábado que te preguntabas onde estaba, ben, estaba mercando o teu anel. Está no meu peto nestes momentos". Publiquei esta postal no blog de PostSecret hai dous anos no día de San Valentín. Estaba abaixo de todo, o último segredo da longa columna. E non pasaran máis de un par de horas cando recibín este exuberante e-mail do rapaz que me enviara esta postal.

5:09 Dicía: "Frank, teño que compartir contigo a historia que acaba de pasar na miña vida". Dicía: "Os meus xeonllos aínda están a tremer". Dicía: "Hai tres anos que a miña moza e máis eu temos o ritual matinal dos domingos de visitar o blog de PostSecret xuntos e ler os segredos en voz alta. Eu léolle uns a ela, ela leme outros a min". Dicía: "iso realmente nos uniu durante estes anos.

5:33 E entón cando descubrín que colgaras a miña proposición sorpresa para a miña moza ó final de todo, estaba fóra de min. Intentei actuar con calma, non amosar nada. E coma cada domingo comezamos a ler os segredos en voz alto un ó outro". Dicía: "pero esta vez parecía que tardaba anos en pasar dun ó outro". Pero finalmente o fixo. Chegou o segredo do final, a súa proposición para ela. E dicía: "leuno unha vez, e despois o volveu ler." Virouse cara el e lle dixo. "Non é ese o noso gato?" (Risos) E cando o mirou estaba cun xeonllo no chan, ensinándolle o anel. Fíxolle a pregunta, dixo que si. Foi un final moi feliz.

6:23 Así que lle respondín e lle dixen, "Por favor, mándame unha imaxe ou algo que poida compartir con toda a comunidade de PostSecret para que todo o mundo saiba o final da túa historia de conto". E mandoume esta fotografía.

6:35 (Risos)

6:40 "Atopei a túa cámara en Lollapalooza este verán. Por fin as levei a revelar e gustaríame darchas". Esta fotografía nunca foi devolta á xente que a perdera, pero este segredo impactou en moitas vidas, empezando cun estudante de Canadá chamado Matty. Matty inspirouse neste segredo para empezar o seu propio sitio web, unha web chamada IFoundYourCamera. Matty invita a xente a enviarlle cámaras dixitais que atoparan, memorias que se perderan con fotos orfas. E Matty colle as fotografías desas cámaras e as colga na súa web cada semana. E a xente as visita para ver se poden identificar una fotografía que perderan ou axudar a alguén a recuperar as fotografías que pode que estiveran buscando desesperadamente. Esta é a miña favorita.

7:37 (Risos)

7:40 Matty atopou esta enxeñosa maneira de aumentar a amabilidade dos descoñecidos. E pode parecer unha idea simple, e o é, pero o impacto que pode ter na vida das persoas pode ser enorme. Matty compartiu comigo un emotivo e-mail que recibiu da nai desta fotografía. "Esta son eu co meu marido e o meu fillo. As outras fotografías son da miña avoa, que está moi enferma. Grazas por crear este sitio. Estas fotografías significan para min máis do que poidas imaxinar. O nacemento do meu fillo está nesta cámara. Mañá cumpre catro anos". Cada fotografía que podedes ver aí e outros centos foron devoltas á persoa que as perdera, as veces cruzando océanos, outras superando a barreira da linguaxe.

8:32 Esta é a última postal que teño para compartir con vós hoxe. "Cando a xente que quero deixa mensaxes de voz no meu teléfono sempre os gardo por se acaso morren mañá e non teño outra maneira de escoitar a súa voz outra vez". Cando colguei este segredo, ducias de persoas enviaron mensaxes de voz dos seus teléfonos ás veces algúns que os tiveran gardados durante anos mensaxes da familia ou amigos que morreran. Dixeron que preservando esas voces e compartíndoas axudábanlles a manter o espírito dos seres queridos vivo. Unha rapariga xove colgou a última mensaxe que escoitara da súa avoa.

9:21 Os segredos poden adoptar moitas formas. Poden ser impactantes ou parvos ou conmovedores. Poden conectarnos coa nosa humanidade máis profunda ou con xente que nunca volveremos ver.

9:36 Mensaxe de voz: primeira mensaxe de voz gardada Avoa: ♫ É o aniversario de alguén hoxe ♫ ♫ O aniversario de alguén hoxe ♫ ♫ As candeas están acesas ♫ ♫ na torta de alguén ♫ ♫ E todos estamos convidados ♫ ♫ á torta de alguén ♫ Hoxe cumpres 21 anos. Que teñas un moi feliz aniversario, quérote. Adeus de momento.

10:08 FW: Grazas.

10:10 (Aplausos)

10:16 Grazas.

10:18 (Aplausos)

10:29 June Cohen: Frank, iso foi precioso, tan emotivo. Algunha vez enviácheste a ti mesmo unha postal? Algunha vez enviaches un segredo a PostSecret?

10:37 FW: Teño un segredo propio en cada libro. Creo que, dalgunha maneira, a razón pola que comecei o proxecto, aínda que non o soubera nese momento foi porque estaba pelexando cos meus propios segredos. E foi grazas á externalización, a través da amabilidade que os descoñecidos me amosaban, que puiden destapar partes do meu pasado que me estaban a perseguir.

10:58 JC: E algunha vez alguén descubriu cal era o teu segredo no libro? Alguén da túa vida o conseguiu descubrir?

11:04 FW: Algunhas veces comparto esa información, si.

11:06 (Risos)

11:09 (Aplausos)