Return to the talk Return to talk

Transcript

Select language

Translated by Laura Gago Caamaño
Reviewed by Alba Porrúa

0:11 Pasei a última década someténdome á dor e á humillación, coa esperanza de facelo por unha boa causa, que é o crecemento persoal. E fíxeno en tres partes. Primeiro comecei coa mente. Decidín intentar ser máis intelixente lendo a Enciclopedia Británica ao completo desde a A ata a Z (máis concretamente desde "a-ak" ata "Zywiec"). Aquí vai unha pequena imaxe daquelo. Foi un ano incrible. Foi unha viaxe fascinante. Doloroso ás veces, especialmente para os que estaban comigo. A miña muller comezou a cobrarme un dólar de multa por cada comentario irrelevante que incluía na conversa. Así que tivo un lado malo.

0:58 Pero logo diso, decidín traballar o espírito. Como xa mencionei o ano pasado, crecín sen relixión algunha. Son xudeu, pero son xudeu do mesmo xeito que o Olive Garden é italiano. (Risas) Realmente non. Pero decidín aprender sobre a Biblia e a miña herdanza profundando nela e intentando vivila e mergullarme nela. Decidín seguir todas as regras da Biblia. Desde os dez mandamentos ata deixarme barba, porque o Levítico di que non te podes afeitar. Así que ao final tiña esta pinta. Grazas por esa reacción. (Risas) Parecía Moisés ou Ted Kaczynski. Tiña un pouco dos dous. Aí está o topiario. E aquí a ouvella.

1:50 Na parte final da triloxía quixen centrarme no corpo e intentar estar o máis san que un pode estar, a persoa viva máis sa. Así que iso é o que fixen os dous últimos anos. Rematei fai dous meses. E teño que dicir que grazas a Deus. Porque vivir de forma tan sa estábame matando. (Risas) Foi insoportable porque a cantidade de cousas que tes que facer é incrible. Escoitei a todos eses expertos e falei cunha especie de grupo de conselleiros médicos. Eles dicíanme todo o que tiña que facer. Tiña que comer ben, facer exercicio, meditar, ter cans, porque iso disminúe a presión arterial. Escribín o libro nunha cinta de andar, e tardei uns 1500 quilómetros en escribilo. Tiven que usar protector solar. Foi unha gran proeza porque se lles fas caso aos dermatólogos dinche que tes que poñer unha copiña de protector solar. E tes que volver aplicala cada dúas ou catro horas. Así que a metade do avance do meu libro foi sobre o protector solar. Fun un donut glaseado a maior parte do ano. Tamén tiña que lavar as mans. Tiña que facelo ben. E o meu inmunólogo díxome que tiña que limpar cun trapo todos os mandos e iPhones que tivese na casa porque son orxías de xermes. E iso levoume moito tempo.

3:15 Tamén tratei de ser o máis seguro que puiden porque iso forma parte da saúde. Inspiroume o Consello de Seguridade Danés. Comezaron unha campaña pública que di "un casco de camiñar é un bo casco". Pensan que non só debes levar un casco na bici, senón tamén cando camiñas. Así que podedes velos facendo a compra cos seus cascos. (Risas) Si, eu intenteino. Pero admito que é un pouco extremo. Aínda que si o pensades, en realidade -os autores do "Freakonomics" escribiron sobre isto- morre máis xente por andar bébedo que por conducir bébedo. É algo sobre o que pensar esta noite se tivestes parella.

4:06 Con iso rematei, en certo xeito con éxito. E todos os marcadores foron na dirección correcta. O meu colesterol disminuíu, perdín peso, a miña muller parou de dicirme que parecía preñado. Estivo ben. En xeral, foi un éxito. Pero tamén aprendín que estaba demasiado san, e iso non era san. Centreime tanto en facer todas esas cousas que estaba descoidando aos meus amigos e familia. E como Dan Buettner pode dicirvos, ter unha rede social forte é crucial para a nosa saúde.

4:42 Así que parei. E en certo modo paseime a semana despois de rematar o proxecto. Paseime ao lado escuro e deime un capricho. Parecía sacado de Calígula. (Risas) Sen a parte do sexo. Porque teño tres raparigos, así que iso non pasou. Pero si polo de beber e comer en exceso. E finalmente estabiliceime. Así que volvín para facer moitas - non todas; non penso volver levar casco- das conductas saudables que adoptei o último ano. Foi un proxecto que me cambiou a vida de verdade. Pero non teño tempo para facelo todo. Deixádeme dicirvos dúas cousas rápidas.

5:33 A primeira - que me sorprendeu; é que non esperaba que fose así, pero agora levo unha vida máis tranquila. Porque vivimos nun mundo barullento. Hai trens, avións e coches e Bill O'Reilly é moi barullento. (Risas) E isto está subestimado, un perigo para a saúde menosprezado, non só porque nos dana o oído, que o fai, senón porque inicia a resposta de loita ou foxe. Un ruído forte fará que esa resposta de loita ou fuxa se adiante. E isto, cos anos, pode causar danos reais, danos cardiovasculares. A Organización Mundial da Saúde fixo un estudo que publicou este ano. Fixéronno en Europa. Estimaron que cada ano en Europa se perden 1,6 millóns de vidas sas por culpa da contaminación acústica. Realmente pensan que é mortal.

6:37 E por certo, tamén é malo para o cerebro. Certamente afecta á cognición. E os nosos Pais Fundadores sabían isto. Cando escribiron a constitución, puxeron terra por todos os adoquíns da entrada para poder concentrarse. Sen a tecnoloxía de redución do ruído, o noso país non existiría. Como patriota sentín que era importante. Eu levo tapóns e auriculares e iso mellorou a miña vida dunha forma sorprendente e inesperada.

7:14 E a segunda e derradeira cousa da que quero falar é que - isto está sendo un tema de TEDMED - a alegría é tan importante para a saúde que poucos destes comportamentos se quedarán comigo a non ser que conleven pracer e alegría. E para darvos un exemplo disto: a comida. A industria da comida rápida é xenial para presionar os nosos botóns do pracer e pescudar que é o máis pracenteiro. Pero penso que podemos usar as súas técnicas e aplicalas na comida sa. Para dar só un exemplo, encántanos a sensación do crocante, polo que intentei incorporalo en moitas das miñas receitas engadindo sementes de xirasol. E case te podes enganar pensando que estás a comer Doritos. (Risas) Isto fíxome ser unha persoa máis sa.

8:17 Iso é todo. O libro no que falo disto sae en abril. Chámase "Drop Dead Healthy" (Deixa a saúde mortal). Espero non enfermar durante a xira do libro. E a miña maior esperanza.

8:27 Moitas grazas.

8:29 (Aplausos)